Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Retiran anuncios da Wii pola alta demanda

Wii

E tranquilos, que non foi aquí. No Reuno Unido concretamente retiraron os anuncios da Nintendo Wii debido a que nas tendas non teñen case stock e é probábel que non teñan máis ata despois de Ano novo.

Por tanto, éxito completo da Wii. ¿E por estes lares? Pois en principio España é o unico mercado do mundo xunto a Xapón onde a Playstation se vende máis que a Wii, pese a que a consola de Nintendo está a medrar moito en ventas.

¿E ti, mercaches algunha consola para este Nadal? ¿Cal?


Pro Evolution Soccer 2008 Wii, a “evolución” dos simuladores de fútbol

O Pro Evolution Soccer é un dos mellores videoxogos de fútbol que hai hoxe en día no mercado, triunfa grazas ao seu fácil manexo e á súa boa simulación dun partido real. Como non podería ser doutra forma, a consola Wii de Nintendo contará coa nova versión deste xogo.

O que vos queremos contar hoxe é a forma de manexar este xogo na Wii. É moi novidosa. Por primeira vez poderemos controlar a todos os xogadores á vez en tempo real. Co joistick do nunchuk manexaremos ao xogador que leva o balón e co Wiimote poderemos seleccionar a outra xogador e mandalo a onde queramos para que, por exemplo, se desmarque. O limite das nosas xogadas só será a nosa imaxinación.

Ao principio pode ser algo caótico e complexo pero para valorar se será un bo sistema ou non o que hai que facer é probalo. Namentres aqui vos deixo cun video explicación:

O videoxogo sairá para o resto de consolas este mes, pero para poder xogalo na Wii teremos que esperar ata o primeiro trimestre do ano que ven.

Visto en VidaExtra.


Novo chip para piratear xogos da Nintendo Wii

Wii chip

Está algo revolucionada estes días a comunidade de xugóns da Nintendo Wii (que non é pouca, entre eles Iago), pois o chipset D2C na Nintendo Wii foi pirateado. Un novo producto chamado o “Wii D2C Modchip Actel” semella que vai usar esa vulnerabilidade atopada, e que vai ser lanzado en breve en Europa.

Mais, non está perfeccionado totalmente. Primeiro, só funcionan sen ningún problema o 80% dos xogos de rexión protexida. O 20% restante funciona, mais hai que soldar 30 patillas para xuntar ben o chip coa consola, o que inutilizaría a garantía.

O 8 de Outubro sae á venda o chip por 37 euros. Certamente, aínda podedes ver que non é algo perfeccionado, mais debería ser considerado un paso de xigante máis ata o intre no que se poida facer sen moito problema.

Iso si, nós só informamos, se queres tocar as entrañas da túa consola e non funciona, non é cousa nosa…

Vía: MaxConsole


Nintendo Nes Portátil, a ciencia avanza

Nes Portable

Moitas veces vemos pola rede modificacións de consolas bastante impresionantes, mais penso que poucas como esta, unha SuperNintendo Nintendo Nes co seu control orixinal e unha pantalla, polo cal se pode transportar.

Pouco máis se sabe a imaxe, se ben está dando a volta por moitos blogues de gadgets (Engadget, Techdigest, WiiWii, Infendo…); en fin, xa pode ir tremendo o iPod Touch


PSP Slim & Lite, dende hoxe á venda

PSP Slim & Lite

Despois de que se anunciara xa hai uns meses, hoxe sae á venda en todo o continente europeo a PSP Slim & Lite, o redeseño da consola portátil de Sony.

O trebello estará dispoñible nas dúas cores que xa existían no anterior modelo e incorpórase unha nova, o gris brillante. Ademáis, Sony oferta para a zona SCEE dous packs de edición limitada: Spider-Man en negro e vermello e The Simpsons en amarelo. Estes dous últimos packs veñen cos xogos Spider-Man 3 e The Simpsons respectivamente.

Ademáis da reducción de grosor do 19% e dun 33% de peso, esta nova versión inclúe saída de video para poder disfrutar na televisión da reprodución de películas en UMD ou dos xogos, maior memoria interna para reducir o tempo de carga dos xogos e a posibilidade de recargar a consola conectándoa mediante USB á PS3 ou a un ordenador.

Á venda por 169,95€ en centros comerciais e tendas de videoxogos.

Máis información: Sony PlayStation


XBox 360 Elite e baixada de prezos da XBox 360 en Europa

XBox 360 EliteHai uns días comentábamos en Trebellos.org o rumor dunha nova XBox 360, e hoxe xa o podemos confirmar. Trátase da XBox 360 Elite, que sairá o 24 de agosto, dentro de 2 días.

A nova XBox 360 Elite incluirá un dísco duro de 120 Gb, un novo lector DVD e un porto HDMI, o que fará posíble xogar á XBox 360 en alta definición (sempre que teñamos unha televisión compatible). Tamén chama á atención a nova cor, a XBox 360 Elite estará dispoñible en cor negra en troques da característica cor branca da XBox 360. Como xa dixemos, esta nova consola sairá dentro de dous días a un prezo de 449′99 euros.

Pero non só aqui queda a cousa, Microsoft tamén confirmou que a XBox 360 baixará de prezo en toda Europa. Tamén o 24 de agosto (o mesmo día que sae a XBox 360 Elite) é a data na que a XBox 360 baixará de prezo. Así, o Premium pack terá un prezo de 349′99 euros (rebaixa de 50 euros), mentres que o Core pack terá un prezo de 279′99 euros (rebaixa de 20 euros).

O mundo da nextgen está máis vivo que nunca.

Visto en El Singular.


Posíbel accesorio de guitarra pra a Nintendo DS

Guitar Hero DS

Curioso este trebello cando menos. Se ben aínda é un rumor a partir dunha entrevista, o cofundador da marca de accesorios pra consolas e videoxogos RedOctane suxeriu que o Guitar Hero III pra a Nintendo DS debería levar un control que fose unha guitarra pra facelo funcionar á perfección.

Ademais, Charles Huang suxeriu que están vendo o xeito de meter periféricos pra a Nintendo DS, o que sería algo fantástico á vez que algo extraño, pois nós ao menos non nos maxinamos un control de guitarra tan pequeno, ¿sería cómodo?

Vía: Engadget
Máis información: RedOctane


Idapt, o cargador universal para os teus trebellos

idaptSi eres dos que estás farto de cargar con tantos cargadores como trebellos uses, para ti foi creado este dispositivo definitivo. Tratase dun cargador que se adapta a calquer tipo de dispositivo como mobiles, mp3´s, GPS, consolas, PDA´s, etc… Idapt e un cargador universal que nos permitirá non ter que cargar co cargador específico de cada trebello. Funciona cun método de clavixas intercambiables por marcas, e permite cargar ata dous dispositivos a un tempo na súa base. Pesa pouco mais de 200 grs, sen dubida unha opción interesante para cargar menos a nosa equipaxe.

Vendeno na súa web por un prezo de algo menos de 50 €, con gastos de envío incluidos e cinco clavixas de regalo.

Mais información
: Idapt


Rumores dunha nova Xbox 360 en camiño

Xbox 360Estes días se di na rede que a recente rebaixa de prezo da Xbox 360 se debe a que se queren desfacer das unidades existentes pra así presentar unhas novas consolas, con mellores prestacións.

Se facemos caso ao rumor, a renovación é nas versións Premium e Core e incluirían o seguinte:

  • Portos HDMI.
  • Procesadores de 65 nm.
  • Lectores de DVD máis silenciosos.

Todas istas novidades sairían en Setembro como máis tardar, en breve xa, e segundo din, a renovación só sería interior, no senso de que ao mercar esta hipotética nova Xbox 360, algo no exterior nos indique de que estamos mercando a nova versión, pois por fora sería prácticamente idéntica.

Lembrar tamén que a rebaixa de prezo da Xbox 360 foi só en EEUU, e aínda non en Europa, polo que esta nova pode que tampouco nos afecte moito, agardamos que aquí suceda tamén.

Vía: VidaExtra


Os 10 trebellos que queres ter

O portal de novas tecnoloxías CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone
      1. iPhone
      Como non podía ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podía faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxías algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET - Top 10 must-haves.


Posteriores entradas »