Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Rumores de novos Macbook

Macbook

Sempre falamos en Trebellos de rumores sobre Apple, mais cando pasan uns días sen telos…¿non os botas de menos?

Segundo se di na rede, Apple pode estar preparando uns portátis en aluminio e negro, máis finos que os actuais Macbook Pro.

Como é de agardar, pouco se sabe: cicais en vez do touchpad se use un multitouch, pois é unha tecnoloxía que xa usan no iPhone e iPod Touch, ou haxa un cambio no tegrado. O que é certo e que xa levamos tempo cos Macbook (para ser Apple), e pode que a comezos do ano que ven existan boas novas neste senso…

Vía: Engadget


Revelados procesadores dos novos Macbook Pro

Apple xa debe de estar a pensar nunha nova gama dos seus potentes portátiles MacBook Pro, pois se filtrou a seguinte tabla co que serían os novos procesadores que teña a nova gama:
novos chips dos macbook

Paul Otellini, CEO de Intel xa ven comentando acerca dos novos procesadores chamados “Penryn”, que son como os Santa Rosa que hoxe existen mais co tamaño de 45 nanometros en vez dos 65 actuais, ademais de ofrecer un menor quentamento e diversas melloras.

Dende Intel, coméntase que esta gama de procesadores sairá en Xaneiro do ano que ven, polo que haberá que agardar novos Macbook Pro unha vez rematado o Nadal…

Vía: Appleinsider


O iPhone tamén en Alemaña

iPhone

Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o día no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido.

A versión que se poñerá á venda será a mesma ca no resto de países, a de 8Gb, a un prezo de 399 euros cun contrato de dous anos coa compañía. T-Mobile tamén anunciou que se terán a disposición perto de 20.000 puntos de acceso inarámicos para a conexión a internet.

Steve Jobs está a facer un percorrido por algúns países europeos. Onte estivo no Reino Unido, hoxe en Alemaña e disque mañá estará en Francia. Teremos mañá novas sobre a distribución francesa do iPhone? Pasará Jobs tamén por España?

Relacionada: iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro
Relacionada: Teremos o iPhone en Europa para novembro?
Máis información: Apple


Rumores dun iPhone 2G no 2008

iphoneE certamente, debería ser así. Como ben sabedes, Apple ven de presentar hoxe o iPhone en Europa, comezando polo Reino Unido, se ben en lugares como Franza se pode presentar nos vindeiros días ou semanas, nun evento de Apple.

Pero, unha das cousas que se agardaba ter co iPhone europeo era unha nova versión, cicais de 16Gb de capacidade, con 3G e algunha cousa máis, como pode ser GPS, e bater duramente contra o Nokia N95. Mais non foi así, e os rumores dunha nova versión do iPhone no primeiro cuarto do 2008 son insistentes.

Os rumores citan dúas fontes:

  • Por un lugar, se comenta que Apple falou co fabricante Broadcom para suplir chips GPS ao iPhone. Usa unha tecnoloxía revolucionaria, mezcla de satélite e antena de telefonía para ter a localización en lugares onde o satélite non esté dispoñíbel.
  • Por outro lugar, tería falado con Triquint, que fabrica tamén chips, pero neste caso Apple contactou para que lle proporcionase amplificadores de potencia pra o novo terminal.

Se todo isto é certo, o lanzamento do novo iPhone podería coincidir coa saída do iPhone en España con Movistar, pois se comentou que, como mínimo sería a comezos do 2008. Moitas cousas quedan por desvelar aínda…

Máis información: The Street


iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro

iPhone Reino Unido

Como vos comentamos hai uns días en Trebellos, hoxe celebrouse unha rolda de prensa de Apple no Reino Unido. Nela anunciouse que o iPhone estará dispoñible alí a partir do 9 de novembro coa compañía de telefonía móbil O2. A versión de 8GB costará £269 (400 euros apróximadamente).

A versión do iPhone que se poñerá á venda é a mesma ca dos Estados Unidos. A compañía estivo actualizando a súa infraestrutura para que fose compatible con EDGE, o sistema de comunicación de datos que emprega o teléfono de Apple no continente americano. Segundo Steve Jobs, que o iPhone non dispoña de 3G é cuestión de aproximadamente un ano, xa que se se lle implementara esta tecnoloxía o teléfono vería disminuida a duración da batería e non tería unha capacidade adecuada para realizar chamadas e empregar tódalas súas prestacións.

O2 anunciou que o trebello tamén terá dispoñible o buzón de voz visual, ó igual que con AT&T. As tarifas coas que sairá á venda son de £35, 45 e 55 cun contrato de 18 meses coa compañía e a posibilidade de cargar ata 1400 páxinas web ao día. A compañía tamén firmou un acordo para que se poida acceder á rede mediante 7000 hotspots. A activación do iPhone farase coma nos Estados Unidos, por iTunes e escollendo o plan de prezos.


Resolta a incompatibilidade dos novos iPod en Linux

Os novos iPod non funcionan en Linux

Comentábamos hoxe en Trebellos a notabél incompatibilidade dos novos iPod entre os usuarios de Linux, que sabemos que no son poucos entre os nosos lectores.

A través de esta entrada en Xataka hoxe nos enteramos de que a principal dificultade estaba en que Apple engadiu nos novos iPod dous campos que eran o resultado dunha función hash, mais xa se sabe como calculalos.

De feito, os desenroladores de gtkpod (unha librería e un programa pra acceder ao iPod en Linux) descubriron como facelo e xa teñen o código, aínda que non presente no programa, só será cuestión de tempo.

Máis información:
Web oficial Amarok


Os novos iPod non funcionan en Linux

Os novos iPod non funcionan en Linux

Debido a que Apple mudou a forma de acceder á base de datos de cancións e listas de reprodución nas últimas versións dos iPod, presentadas hai unhas semanas, as aplicacións de terceiros para sincronizar a música co reprodutor de Apple non funcionan.

As aplicacións de terceiros eran, ata o de agora, a única forma de sincronizar o iPod baixo Linux. Mentras non apareza algún tipo de actualización do software dispoñible, os usuarios deste sistema operativo terán que empregar un ordenador con Windows ou Mac OS para disfrutar de contidos multimedia no seu reprodutor.

Vía: Gizmodo

ACTUALIZACIÓN: Resolta a incompatibilidade dos novos iPod en Linux


O iPhone comeza a confirmarse en Europa

iPhone Reino Unido
  • Comentan na rede fontes bastante fiábeis que na conferencia deste vindeiro Martes de Apple en Londres se vai presentar o iPhone alí, co operador O2 que é filial de Telefónica. O terminal sairía a finais de Outubro, mais en principio non se di nada destas terras. Agardemos.
  • En Appleweblog falan do rumor da saída do iPhone en Alemaña con T-Mobile. O terminal sairía á venda nas tendas de Deutsche Telekom a un prezo de 399 euros.

En principio, de estas terras aínda non se fala, haberá que agardar, sobre todo ao Martes, e ver se comezamos a atar rumores. Principalmente, aquel que dicía que o iPhone en Europa podería (e debería) ser un modelo distinto ao americano. Sexa o que sexa, en Trebellos informaremos ao momento.

Vía: Gizmodo


Máis rumores sobre o iPhone en Europa

iPhoneRapaces e rapazas, hai algunha que outra novidade sobre o iPhone e a súa venda en Europa, que vai camiño de ser o culebrón do ano. Imos aló con elas:

Polo que, aí tedes, un rumor e unha nova confirmada, polo que podería ser unha pequena decepción pra todos aqueles que agardan o iPhone este nadal. Mais, quen sabe, cicais Vodafone se adiante e salga no Nadal. O culebrón non fai máis que continuar…


1.000.000 iPhones vendidos

1.000.000 iPhones vendidos

Aínda non unha semana despois da última keynote da compañía na que se anunciou a baixada de prezos do iPhone e o cese de producción do modelo de 4Gb, Apple anuncia que xa sobrepasou o millón de unidades vendidas. Tendo en conta que non pasaron aínda tres peses dende que se puxera á venda, o pasado 29 de xuño, isto é un auténtico récord.

O iPhone converteuse no teléfono móbil líder de vendas nos Estados unidos, xa que o número de unidades vendidas durante estes dous últimos meses foi maior que o número de vendas do resto de smartphones xuntos.

Como curiosidade, na nota de prensa da compañía menciónase que o tempo que pasou ata que se vendeu un millón de iPods foi de dous anos, moito máis tempo que se o comparamos co do iPhone.

Nota de prensa: Apple


« Anteriores entradasPosteriores entradas »