Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Amosa os teus trebellos: Micro Computer Game

Micro Computer Game
Micro Computer Game, un trebello de Xel (http://chiringhitoblog.blogspot.com/)

Este Micro Computer Game (tal que dí nunha esquina) merqueino nunha tenda de segunda mán en Angel, no norte de Londres por £15, e lembro que habia outro igual, no que habia que controlar un home cavernario que lle tinha que roubar ovos a un dinosaurio, mais ese dia non tinha máis cartos no peto, ou sexa que non o levei.

Eu penso que é de mediados dos 80, seica porque foi cando mirei por primeira vez estes comecocos con leds luminosos, cunha transición máis rápida que resultaba máis animada.
O control da esquerda sube ou baixa a tua nave, que permanece sempre na banda da esquerda. O botón da dereita é o disparo e tamén sirve para iniciar o xogo, hai dous interruptores no centro: o de Ama (amateur) ou Pro (professional) é un control de dificultade que o único que fai e aumentar a velocidade cando se selecciona Pro; o outro interruptor é o On/Off do trebello. A pantalla móvese en scroll de dereita a esquerda para dar a sensación de que a nave avanza. Dalgun xeito os display led do resto da pantalla apáñanse para mostrar distintos elementos cada ún, chegando a amosar 3 figuras distintas (misil, tanque de combustible, os pequenos ufos) aparte do punto branco que é o disparo, e tamén un cuadrado como obstáculo contra o que podes chocar. Cada ún dos display led pode amosar todo o anterior.

En total unha pantalla de 7 displays de ancho por 4 de alto
(8 de ancho si contamos a columna reservada para a nave do xogador). Hai 4 fases distintas, sendo a última a típica do gran bicho-monstruo, e unha vez superada enlaza coa primeira aumentando a velocidade. O sonido beep mono non se pode aturar, está altísimo e non penso que se poda baixar, especialmente o soniquete do inicio de xogo, de cando nos vendian esto como exemplo de futuro.

Funciona con 4 baterias tipo C (R14) de 1.5 V, e duran ben
. Estouno a mirar agora e non atopo etiqueta, agás os nomes de Tomy (o fabricante de xoguetes) moldeado no frente, e o copyright de Konami. Debaixo tén a inscripción moldeada “Made in Singapore”. Este maquinillo tén a actitude de moi para rapaces, non para rapazas, típica.

Fotos: 1, 2.
Amosa os teus trebellos!


Amosa os teus trebellos

PS3

Queremos comezar a facer cousas en Trebellos ligadas contigo e hoxe presentamos a primeira.

Queremos que nos ensines teus trebellos. Pode ser unha cámara, un iPod, calqueira cousa que vexas interesante, ou un iPhone se o tes. De vez en cando iremos publicando as máis interesantes.

¿Cómo facer que saia túa foto? Tes primeiro que ter unha conta en Flickr. Logo, debes subir a foto en cuestión e asignarlle a etiqueta trebellos.

Anímate, e se todo vai ben, dentro de pouco publicaremos as primeiras imaxes por aquí…