Trebellos || Gadgets en galego

Microsoft comeza a patentar o ZunePhone

Ou iso parece. E se Microsoft copiou o iPod para sacar un Zune, agora toca copiar o iPhone para un posí­bel ZunePhone. E velaí­ tedes o que acaba de patentar, un modelo de interfaz que lembra algo:

ZunePhone

En fin, todo semella que imos ter un teléfono de Microsoft dentro de pouco. E, persoalmente, moito debeu triunfar o Zune para que agora se animen a sacar un ZunePhone. Tamén nos poderiamos preguntar, ¿onde triunfou o Zune? Ví­a: CrunchGear

Baixada de prezo nos Microsoft Zune

Microsoft Zune

Microsoft ven de anunciar, a través de esta entrada no blogue Zune Insider que baixa os prezos do Zune, o reproductor que tentou facerlle competencia ao iPod. Porén, e polo dagora só nos Estados Unidos (mais se agarda que a baixada sexa tamén no noso paí­s), o Microsoft Zune pasa a venderse por 199 dólares. Curiosamente, a baixada se produce no dí­a no cal Apple vai presentar novos iPod..¿simplemente casualidade? Ví­a: Engadget

¿Alguén se lembra do Origami?

origamiO Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera PC (aí­nda que tamén houbo versións linuxeiras) , e cunhas especificacións propias dun equipo de escritorio de gama baixa. Pretendí­a converterse na navalla suiza dos gadgets, e Microsoft, Samsung e Intel (entre outras compañí­as), lanzáronse de cabeza na súa promoción e desenvolvemento. Continúa lendo »

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios