Trebellos || Gadgets en galego

XBox 360 EliteHai uns dí­as comentábamos en Trebellos.org o rumor dunha nova XBox 360, e hoxe xa o podemos confirmar. Trátase da XBox 360 Elite, que sairá o 24 de agosto, dentro de 2 dí­as.

A nova XBox 360 Elite incluirá un dí­sco duro de 120 Gb, un novo lector DVD e un porto HDMI, o que fará posí­ble xogar á XBox 360 en alta definición (sempre que teñamos unha televisión compatible). Tamén chama á atención a nova cor, a XBox 360 Elite estará dispoñible en cor negra en troques da caracterí­stica cor branca da XBox 360. Como xa dixemos, esta nova consola sairá dentro de dous dí­as a un prezo de 449’99 euros.

Pero non só aqui queda a cousa, Microsoft tamén confirmou que a XBox 360 baixará de prezo en toda Europa. Tamén o 24 de agosto (o mesmo dí­a que sae a XBox 360 Elite) é a data na que a XBox 360 baixará de prezo. Así­, o Premium pack terá un prezo de 349’99 euros (rebaixa de 50 euros), mentres que o Core pack terá un prezo de 279’99 euros (rebaixa de 20 euros).

O mundo da nextgen está máis vivo que nunca.

Visto en El Singular.

Rumores dunha nova Xbox 360 en camiño

Xbox 360Estes dí­as se di na rede que a recente rebaixa de prezo da Xbox 360 se debe a que se queren desfacer das unidades existentes pra así­ presentar unhas novas consolas, con mellores prestacións. Se facemos caso ao rumor, a renovación é nas versións Premium e Core e incluirí­an o seguinte:

  • Portos HDMI.
  • Procesadores de 65 nm.
  • Lectores de DVD máis silenciosos.

Todas istas novidades sairí­an en Setembro

como máis tardar, en breve xa, e segundo din, a renovación só serí­a interior, no senso de que ao mercar esta hipotética nova Xbox 360, algo no exterior nos indique de que estamos mercando a nova versión, pois por fora serí­a prácticamente idéntica. Lembrar tamén que a rebaixa de prezo da Xbox 360 foi só en EEUU, e aí­nda non en Europa, polo que esta nova pode que tampouco nos afecte moito, agardamos que aquí­ suceda tamén. Ví­a: VidaExtra

simpsonsxboxTrátase dunha edición especial da Xbox 360, limitada a 100 unidades e ofrecida en eventos especiais, moi probablemente en forma de sorteo, pero a verdade é que os Simpson-maní­acos estarí­amos ecantados de facernos cunha delas.

O que está claro é que vai a ser unha das poxas estrela en eBay en canto se distribúan unhas cantas delas.

Novidades na Xbox 360

QWERTY
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360.

A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis adiante, podéndonos olvidar así­ da incomodidade que supuña ter que desprazarse polo teclado virtual. Para pode-lo utilizar simplemente teremos que conecta-lo no conector jack do mando, como facemos hoxe en dí­a co head set, que deixará de ser necesario, posto que o QWERTY traerá o seu propio.

Continúa lendo »

O portal de novas tecnoloxí­as CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone

      1. iPhone
      Como non podí­a ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí­ onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podí­a faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxí­as algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así­ poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET – Top 10 must-haves.

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios