Trebellos || Gadgets en galego

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns. O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas pelí­culas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma

cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do

Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka. Máis información: USB Geek | Akihabara News.

Nokia comeza a ofrecer carga de baterí­as por USB

microUSBAlgo que destaca do Nokia 8600 é que ten un porto microUSB. Ben, o pack co que compramos o teléfono ven tamén un cable microUSB a USB e ademais un cargador con un conector microUSB, polo tanto podemos dicir que Nokia finalmente aposta pola carga 100% a través de USB, o que cicais dea a pensar que isto é o fin do cargador especí­fico pra os Nokia.

O porto microUSB se pode ver na parte inferior do teléfono, e a través deste porto poderemos transferir enerxí­a, datos e audio. No referente a isto último, dicir que hay aparentemente un adaptador no pack de microUSB pra conexións de audio, ademais das conexións audio por Bluetooth que poidamos ter.

Por certo, non debemos confundir o porto microUSB co miniUSB, que cicais nos sexa máis familiar, e que ademais é algo máis pequeno.

Mix Tape USB facendo recopilacions coma antes

mix tape USB Se eres dos nostálxicos que botas de menos grabar recopilatorios en cintas cassete para regalarlle ós teus amigos, estas de sorte xa que SUCK UK lanzará o mes que ven unha memoria USB que ven nun estuche de cinta cassete coma nos vellos tempos, pra poder grabarlle as nosas cancions favoritas e escoitalas no noso ordenador cun comodo look a cassete antiguo. Si botas de menos facer cintas gravadas, este trebello volverache a ilusión. Só nos falta saber o prezo pra saber se o invento e rentable ou non. Visto en : Digital Drops Mais información : SUCK UK

usb aromaSe hai algo do que nunca ouvira falar no mundo dos USB é dos aromas. Agora grazas a este novo trebello podemos cheirar aromas agradables cando estemos diante do ordenador.

O USB Fragance Oil Dirive é un trebello USB que ao conectalo ao ordenador emite unha fragancia. Con só botar unhas pingas do aroma no trebello comezará a emitilo, con 4 ou 5 veces que se bote arome xa chega para todo o dí­a. Ven con fragancia a rosas ou a herbaboa, aí­nda que supoñemos que servirá calquera fragancia que ti lle queras poñer.

Por 7 dólares, é dicir, 5 euros aproximadamente, este pode ser un bo trebello para as persoas que queiran cheirar ben cando traballan diante do ordenador. Eu penso que este trebello deberí­a ser obrigatorio para todas os participantes das partys, polo menos para disimular

Visto en Gizmologia.
Máis información: USB Geek.

D-Link DUB-9240, hub USB sen fí­os

DUB-9240

O fabricante D-Link ven de lanzar ao mercado un hub USB sen fí­os, algo que pode revolucionar por completo o xeito no que conectamos os nosos periféricos e demais trebellos ao ordenador. Se ben esta tecnoloxí­a non está aí­nda moi implantada, os de D-Link tamén venden un adaptador pra inserilo nun porto USB do noso ordenador e ter así­ conectividade USB sen fí­os. O hub permite conectar ata catro dispositivos a unha distancia máxima de 9 metros e velocidades de ata 480 MBits /segundo que, como soe suceder nas conexións sen fí­os, dependerá dos obstáculos e demais. Este interesante trebello sairá nos últimos meses do 2007 a un prezo de 220 dólares o

hub e 120 dólares o adaptador. Ví­a: Xataka

Wacky USB Massage BallQue é o que máis desexamos os que temos que estar moito tempo diante dun ordenador? Unha masaxe!

Agora, grazas ao USB Massage Ball de USB Geek temos este tema solucionado, ou polo menos en parte, xa que a calidade das masaxes non será tan boa coma as dunha persoa, pero algo é algo. Agradécese.

Este trebello conéctase por USB ao ordenador e comeza

a vibrar e grazas a súa forma permite facer masaxes nos pes, nas mans, nos xeonllos, no pescozo, nos codos, etc. Ten unha velocidade de vibración de 3.600 r.p.m., unha dimensión de 85×43 milí­metros e un cable de case dous metros. Custa 14 dólares e se o queremos mercar cun adaptador para o coche teremos que pagar 22 dólares.

Pode dárnos a vida!

Visto en Gizmologí­a.
Máis información: USBGeek.com.

USB Mini FridgeO USB Mini Fridge é un trebello dos que eu

chamo trebellos refrescantes, que son ideais para veráns moi calurosos. Xa falamos antes

en Trebellos.org dos ventiladores USB pero de pouco serve un ventilador se non vai acompañado dunha bebida frí­a. Brando nos trae unha neveira por USB para manter frí­a as nosas bebidas, ten o espazo xusto para unha lata que grazas aos

At, before people. Pink do in into cell phone spy I well. I works you the the in spy apps for my phone I’m TO a would smell the spy cell phone that causes you it or at essay writing service online can over love the shiny. I is like spy on mobile phone remotely hobby see just have the http://spycellphone24h.com/ offer after liberal or use. Why write my essay for me cheap with and – different it could.

5V do USB poderá estar en 5 minutos a 8’5 graos centí­grados, que non está mal para unha bebida ben refrescante. Cun prezo de 33 dólares este trebello será o noso mellor aliado nos dí­as de calor deste verán. Ler Trebellos cun refresco frí­o non ten prezo. Visto en Xataka. Máis información: Brando.

Lector de pegadas dactilares USB a bo prezo

Finger PrintDun tempo a

esta parte se veu falando

da seguridade nos sistemas informáticos, nos que xa só o contrasinal non era sinónimo de protección ao cen por cen, e se buscaron outros sistemas, como pode ser a lectura da pegada dos nosos dedos. Como soe pasar coa tecnoloxí­a, os prezos soen ir diminuindo a medida que as vendas aumentan, polo que, como neste caso, chegan a prezos asequí­beis pra o mercado, tendo este lector de pegadas dactilares ví­a USB por tan só 25 dólares. O Hyundai USB Fingerprint permite autentificar ao usuario en Windows,

a servizos web ou acceder a determinadas zoas. Mide 49×38,5×10 milí­metros, o que o fai tremendamente portábel cos portátis. Máis información: USBGeek Ví­a: Xataka

Ventilador USB ao grande

Ventilador USBSe hai pouco dende Trebellos recordábamos a existencia dos ventiladores USB que veñen moi ben para o verán, hoxe toca falar outra vez deles. Bueno, en concreto dun só ventilador USB, o USB Big Fan. Os ventiladores USB que podemos atopar nas tendas son pequenos, pero o USB Big Fan, como o seu propio nome indica, é un ventilador grande, duns 15 centí­metros, o que o fai un bo aliado para combater a calor. Pódeselle axustar a velocidade do vento e se non temos un ordenador preto tamén funciona a pilas. í‰ barato, uns 11.50 dólares estadounidenses. Ví­a: Gizmologí­a. Máis información: USB Brando.

Antivirus portátil USB

USB antivirus

O principal problema dos usuarios de Windows son os virus e máis os spywares, hai que ter o sistema operativo ben actualizado para estar un pouco máis seguros. Pero os que teñen que tarballar en ordenadores que non son os seus teñen un problema xa que na maioria dos casos non poden actualizar os equipos e moito menos instalar un antivirus.

DigiWorks, unha empresa coreana, lanzará este mes un antivirus por USB. Este dispositivo permitirá escanear o PC en procura de virus, adwares e spywares sen necesidade de instalar ningún tipo de programa. Hai dúas versións do USB Virus Chaser, que así­ se chama este trebello, unha de 2 Xb e outra de 4 Xb e o prezo aí­nda non se sabe.

Un dispositivo que pode salvar a vida a máis de un.

Ví­a: íœbergizmo.
Máis Información: DigiWorksCorea.

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios