Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Apple TV, con novas funcións

Apple TV

Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aínda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañía.

Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar películas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar películas directamente dende o Apple TV, así como de descargar directamente os podcasts do seu directorio. Á posibilidade de ver videos de YouTube, que xa tiña integrada, únenselle novas funcións de visor multimedia, xa que se permite visualizar directamente galerías de flickr e .mac. Todo isto integrado nunha interface mellorada visualmente respecto á versión anterior.

Non é un novo modelo, e polo tanto haberá unha actualización de software que estará dispoñible tamén para os usuarios dun Apple TV anterior de forma gratuíta. Os que se vendan a partir de agora xa traerán o software de serie.

Dispoñible en dúas capacidades, 40GB a 289€ e 160GB a 379€.

Máis información: Apple TV


Retiran anuncios da Wii pola alta demanda

Wii

E tranquilos, que non foi aquí. No Reuno Unido concretamente retiraron os anuncios da Nintendo Wii debido a que nas tendas non teñen case stock e é probábel que non teñan máis ata despois de Ano novo.

Por tanto, éxito completo da Wii. ¿E por estes lares? Pois en principio España é o unico mercado do mundo xunto a Xapón onde a Playstation se vende máis que a Wii, pese a que a consola de Nintendo está a medrar moito en ventas.

¿E ti, mercaches algunha consola para este Nadal? ¿Cal?


Unha TV no baño

Qué tal tomar un baño relaxante mentres miramos a nosa serie ou o noso programa de televisión favorito? Agora se pode grazas á empresa Evergreen que lanzou ao mercado por uns 230 euros aproximados a EG-FTV71S, que non ven sendo outra cousa que unha televisión de 154×200×38 mm, con autonomía para 4 horas e que ademáis é resistente á auga… ou water resistent como poñen os reloxios.

TV

Visto en Gizmlogía.


Gateway One, o PC que soña con ser iMac

Os iMacs son coñecidos sobre todo polo seu deseño e no mundo dos PCs non hai nada que se lle asemelle. Nada? Pois ata agora non, pero vai sair á venda o PC Gateway One, que como vemos na imaxe non podemos evitar comparalo cos iMacs.

Gateway One

Vai sair á venda en 3 modelos diferentes, pero todos eles teñen Windows Vista, webcam integrada de 1′3 megapíxeles, tecrado, rato, sintonizador de TV, bluetooth, wi-fi, 3 portos USB, 1 porto firewire e lectores de tarxetas. Logo, cada modelo ten estás características:

    # Modelo de gama alta

  • Pantalla LCD panorámica de 19”.
  • Procesador Intel Core 2 duo a 2Ghz.
  • 3Gb de memoria RAM.
  • Disco duro de 500Gb.
  • Tarjeta gráfica ATI Mobile Radeon HD 2600.
    # Modelo retail

  • Pantalla LCD panorámica de 19”.
  • Procesador Intel Core 2 duo a 1,5Ghz.
  • 2Gb de memoria RAM.
  • Disco duro de 320Gb.
  • Tarjeta gráfica X3100.
    # Modelo online

  • Pantalla LCD panorámica de 19”.
  • Procesador Intel Core 2 duo a 1,5Ghz.
  • 2Gb de memoria RAM.
  • Disco duro de 400Gb.
  • Tarjeta gráfica X3100.

Aínda non se sabe a data de saída ao mercado pero o que si se sabe son os prezos, así, o modelo retail terá un prezo de 1300 dólares, o modelo online de 1500 dólares e o modelo de gama alta un prezo de 1800 dólares.

Visto en Gizmotika.
Máis información: Páxina do produto.


Spa con pantalla de plasma de 61 pulgadas

Enorme Spa

Maxina ver a Luar (ben, Gayoso ou un partido de fútbol, quen sabe) namentras estás nun auga burbulleante. Certamente tremendo, e iso é o que nos ofrece CatalinaSpas.

Certamente, non é algo do que falemos frecuentemente en Trebellos, mais non puiden resistirme a facelo. Dispón de 4 asentos e unha infinidade de chorros de auga para compartir o partido ou o que queiras nese lugar.

Por certo, non din nada do prezo. Mellor.

Máis información: BornRich


Rumores dun teléfono-consola de Sony Ericsson

Posíbel teléfono de Sony Ericsson

Nunha recente entrevista, Sony-Ericsson ven de afirmar que están na búsqueda dun “teléfono PlayStation”, o que disparou todo tipo de rumores estes días.

Os rumores apuntan en boa dirección, pois no vindeiro Febreiro, no Mobile World Congress a empresa pode presentar un teléfono orientado claramente ao xogo. Segundo a empresa, non ten por qué levar a marca PSP mais posíbelmente inclúa algún sensor como o que ten a Nintendo Wii.

Vía: TechDigest


Nintendo Nes Portátil, a ciencia avanza

Nes Portable

Moitas veces vemos pola rede modificacións de consolas bastante impresionantes, mais penso que poucas como esta, unha SuperNintendo Nintendo Nes co seu control orixinal e unha pantalla, polo cal se pode transportar.

Pouco máis se sabe a imaxe, se ben está dando a volta por moitos blogues de gadgets (Engadget, Techdigest, WiiWii, Infendo…); en fin, xa pode ir tremendo o iPod Touch


Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o día con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o día, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saída ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicía destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis físicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapíxeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony


Os 10 trebellos que queres ter

O portal de novas tecnoloxías CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone
      1. iPhone
      Como non podía ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podía faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxías algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET - Top 10 must-haves.


Guia pra mercar televisores planos (II): Plasma Vs LCD

plasmavslcdLogo de falar do tamaño dos televisores para a casa, falaremos de dúas das tecnoloxías mais populares na actualidade. Cada vez son mais os modelos de televisores planos asequibles a un bolsillo medio. Pero á hora de mercar unha pantalla deste tipo son moitas as dudas que nos sacuden os miolos. Dende trebellos tentaremos resolver as mais problemáticas con esta guía de merca para que a elección sexa a mais axeitada.

Segue lendo »


Posteriores entradas »