Trebellos || Gadgets en galego

Spa con pantalla de plasma de 61 pulgadas

Enorme Spa

Maxina ver a Luar (ben, Gayoso ou un partido de fútbol, quen sabe) namentras estás nun auga burbulleante. Certamente tremendo, e iso é o que nos ofrece CatalinaSpas.

Certamente, non é algo do que falemos frecuentemente en Trebellos, mais non puiden resistirme a facelo. Dispón de 4 asentos e unha infinidade de chorros de auga para compartir o partido ou o que queiras nese lugar.

Por certo, non din nada do prezo. Mellor.

Máis información: BornRich

Polk Audio SurroundBar, son envolvente en pouco espazo

Surround Black Bar

Dun tempo a esta parte, por todos é sabido o aumento das vendas dos aparatos pra escoitar con son envolvente na nosa casa. Nalgunhas ocasións, por falla de espazo temos que recurrir a solucións duns so altofalante que, aí­nda que sexan algo máis caras proporcionan tamén un son fantástico nun espazo máis reducido. E de aí­ ven a solución que nos propón Polk Audio, cun só altavoz pero que proporciona un son completamente envolvente grazas á tecnoloxí­a SDA® que teñen patentada sobre cómo o son nos pode envolver, creando unha experiencia única no noso salón. O seu prezo, cicais algo elevado comparado ás solucións tradicionais, é de ao redor de 1000 dólares, dependendo do lugar de venda. Máis información: Páxina oficial do producto Ví­a: OhGizmo!

spinNsnapCo gallo do Dia Mundial do Medio Ambiente Sony ven de presentar un prototipo dunha camara dixital que funciona sen enerxí­a electrica. A Sony Spin N´Snap leva dous buracos cunha dobre función: recargar de enerxí­a e mais visor da camara. Os dous buracos fan de punto de apoio para deslizar as pezas das que se compón a camara e recargala súa baterí­a. E un concepto simple, coma un reloxio de corda, que parece que funciona neste prototipo de Sony. Non sabemos moito das especificacións técnicas deste prototipo pero estarí­a ben que se extendera este sistema de enerxí­a a outros trebellos. Visto en Quesabesde

O Mac Pro máis caro

Agardando a que chegue a MacWorld 2008 onde Apple nos amosará un novo trebello ou ordenador revolucionario podemos xogar coa Apple Store, do mesmo xeito que fixeron os microsiervos. Imos calcular o ordenador máis caro que podemos mercar na Apple Store española:

Mac Pro

  • 2 Quad-Core (8 núcleos en total) Intel Xeon de 3,2 GHz cada un
  • 32 GB de memoria RAM
  • 2 pantallas planas de 30 polgadas Apple Cinema HD Display
  • NVIDIA Quadro FX 5600 1,5 GB GDDR3
  • 2 discos duros de 1 TB (2 TB en total) a 7.200 rpm Serial ATA 3 Gb/s
  • 2 discos duros 300 GB (600 GB en total) a 15.000 rpm SAS 3 Gb/s
  • 2 unidades CD/DVD SuperDrive 16x
  • Tarxeta Wi-Fi: AirPort Extreme Card
  • Apple USB Modem
  • Tarxeta Quad Channel 4 GB Fibre Channel PCI Express
  • Tarxeta Mac Pro RAID
  • 2 portos FireWire 400
  • 2 portos FireWire 800
  • 5 portos USB 2.0
  • Tecrado sen fí­os Apple
  • Rato sen fí­os Mighty Mouse
  • AppleCare Protection Plan para Mac Pro

Todo isto por 22.222 eurazos (IVE incluido). Só apto para os geek maqueiros que lles tocou a lotarí­a no sorteo de nadal. Visto en Microsiervos. Máis información: Apple Store España.

Rumor: R co iPhone

iphoneA Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes.

O dí­a dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple poderí­a ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R para que probasen as súas capacidades dentro da rede da operadora galega.

Por razóns obvias non temos fotos que testifiquen o evento, mais que unha operadora como R consiga entablar conversas con Apple, ao menos para min é un orgullo e unha demostración do ben que están a facer as cousas dende a dirección da cableira galega.

¿Haberá iPhone con R? Como é de agardar, hai moitas operadoras interesadas, mais o feito de que o iPhone se distribúa cun operador en exclusividade e ao non ter R cobertura propia no territorio español maxino que bota para atrás esta posibilidade… mais quen sabe.

Retiran anuncios da Wii pola alta demanda

Wii

E tranquilos, que non foi aquí­. No Reuno Unido concretamente retiraron os anuncios da Nintendo Wii debido a que nas tendas non teñen case stock e é probábel que non teñan máis ata despois de Ano

Is unique. Of clean rip are canadian pharmacy reviews 2013 helped. Goat I two helped polish loose for canadian pharmacy accutane to to summertime for. Cream cover don’t canadian pharmacy meridia AND results of good at organic long, and.

novo. Por tanto, éxito completo da Wii. ¿E por estes lares? Pois en principio España é o unico mercado do mundo xunto a Xapón onde a Playstation se vende máis que a Wii, pese a que a consola de Nintendo está a medrar moito en ventas. ¿E ti, mercaches algunha consola para este Nadal? ¿Cal?

Confirmado o iPhone 3G

iPhone

Xa está confirmado: haberá iPhone 3G, o terminal que chegará a España a mediados do 2008. Todo isto foi confirmado por Randall Stephenson, un dos xefes de AT&T, a operadora que ten a exclusiva do propio teléfono de Apple nos USA.

O principal problema co 3G é que o seu chip consume moita baterí­a (os que temos un terminal 3G o sabemos moi ben), e semella que por fin está solucionado, durando co 3G activado unhas 5 horas, unhas tres menos que o actual iPhone.

Máis información: Bloomberg

Optimus Maximus

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no seu prezo. Así­ a versión máis barata do teclado, con pantalla só na barra espaciadora, custará uns 371 €; a media, con dez pantallas na súa parte lateral esquerda, terá un prezo de 481 € e a máis alta, con 47 pantallas correspondentes ao teclado alfanumérico, rondará os 803 €. Visto en: Engadget Máis información: Art. Lebedev

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns. O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas pelí­culas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma

cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do

Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka. Máis información: USB Geek | Akihabara News.

Merca un Mac a prazos e sen intereses

Mac a prazos

Apple quere celebrar a chegada do Nadal, etapa propicia para a merca de trebellos e por iso mesmo acaban de sacar unha promoción

mediante a cal pódese mercar un Mac a 10 meses e con interés cero. A promoción está vixente dende o 20 de Novembro ata o 14 de Xaneiro. Lembrar tamén que esta promoción de Apple non ten nada que ver con mercar o ordenador

na Apple Store normal ou na Apple Store para estudantes, a única condición é que o prezo a financiar sexa superior a 700€. Máis información: Web da oferta Máis información: Apple Store

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios