Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Samsung SGH-i780

sgh-i780

Recentemente desvelouse o novo smartphone de samsung, a continuación detallamos as súas características principais.

Terminal con dimensións 115.9 x 61.3 x 13.3 mm, pantalla táctil de 2.55” con resolución de 320 x 320 px e cursor de rato, teclado QWERTY, soporte UMTS/HSDPA 2,1 GHz, cámara principal de 2 megapixeles e secundaria para facer videochamadas con calidade vga, conectividade bluetooth, wifi b/g, soporte pushmail, navegador gps e ranura para tarxetas microSD. Utiliza o sistema operativo Windows Mobile 6 Profesional.

Aínda non se sabe a data de saída ó mercado nin o prezo, pero si se sabe que sairá en Europa.

Podedes ver un video do smartphone en acción clickeando aquí.

Visto en: Xatakamovil


Hipoqih, xeolocalización dende A Coruña

Hipoqih

Vía Código Cero coñecemos a Hipoqih, un servizo web que está dando bastante que falar, pois foi nomeado en varios certames da Web 2.0, e mesmo foi obxeto de conferencias en Silicon Valley. Todo feito dende A Coruña, imos explicar de que vai a cousa.

Maxina que es posuidor dun trebello portátil con acceso á rede e que ademáis teña GPS: pode ser un simple portátil (pois tamén permite introducir coordenadas manualmente), unha PDA, unha Blackberry ou unha Smartphone. Pois ben, se baixas o seu pequeno software e o instalas, na web poderás transmitir exactamente onde estás, a través de Google Maps.

Bótase bastante en falla unha versión en galego do servizo, que agardemos que saia cedo. Moi recomendábel a entrevista, e sorte ao equipo de Hipoqih.

Máis información: Entrevista en Código Cero


1.000.000 iPhones vendidos

1.000.000 iPhones vendidos

Aínda non unha semana despois da última keynote da compañía na que se anunciou a baixada de prezos do iPhone e o cese de producción do modelo de 4Gb, Apple anuncia que xa sobrepasou o millón de unidades vendidas. Tendo en conta que non pasaron aínda tres peses dende que se puxera á venda, o pasado 29 de xuño, isto é un auténtico récord.

O iPhone converteuse no teléfono móbil líder de vendas nos Estados unidos, xa que o número de unidades vendidas durante estes dous últimos meses foi maior que o número de vendas do resto de smartphones xuntos.

Como curiosidade, na nota de prensa da compañía menciónase que o tempo que pasou ata que se vendeu un millón de iPods foi de dous anos, moito máis tempo que se o comparamos co do iPhone.

Nota de prensa: Apple


O HTC Kaiser, a piques de saír

HTC Kaiser

Hai novos rumores de que HTC vai sacar en breve seu novo modelo Kaiser en América. Segundo comentan, un dependente de AT&T comentou que están a piques de recibir estes novos terminais sobre finais de Agosto ou comezos de Setembro.

Segundo os rumores, este potente smartphone traerá unha pantalla de 2.8 pulgadas, un teclado slider QWERTY, WiFi, Bluetooth, AGPS, unha cámara de dous megapíxeles, e soporte pra tarxetas microSD, redes EDGE, GSM, GPRS, HSDPA e WCDMA.

Vía: Gizmología


Hummer HT1, o monstro dos móbiles

Hummer HT1

Os Hummers son os monstros dos coches, un todoterreno de verdade. Pois ben, parece que agora teñen unha edición en móbil.

O móbil Hummer HT1, en realidade, non é un monstro, de feito, é un móbil normal e corrente. Ten un formato slider (o seu tecrado desplázase cara abaixo), unha pantalla TFT de 2’2 polgadas, unha cámara de 2 megapíxeles, unha memoria interna de 256 MB e ranura para unha tarxeta microSD.

Este móbil non é nada do outro mundo, a compañía ModeLabs (a fabricante) quere beneficiarse do nome para facer publicidade… e por 300 euros que custará este móbil parece que só será apto para os posuidores destes vehículos.

Máis información: MobileWhak | ModeLabs.