14 Sep
Escrito por Héctor Anllo en Novas, Periféricos
Seguro que
case todos coñecedes algún PRODUCT(RED), como os iPod nano ou os Shuffle, que se caracterizan pola súa cor vermella e porque unha certa parte do diñeiro que se recada coa súa venda é destinado á loita contra o SIDA en ífrica.
Pois agora, aos produtos “vermellos” únenselles os produtos “púrpuras”, que é a cor escollida pola Asociación Estadounidense contra o Alzheimer para os produtos que colaboran coa entidade.
SanDisk, fabricante recoñecido mundialmente de memorias extraíbles e reprodutores multimeda, aportará un dólar por cada unidade das edicións especiais en púrpura do SanDisk Cruzer Micro de 2Gb e da tarxeta SD SanDisk Ultra II, tamén de 2Gb ata chegar ao millón de dólares.
Estas unidades están á venda nos Estados Unidos ao mesmo prezo que as unidades habituais.
Máis información: SanDisk
09 Aug
Escrito por Il en Apple, Linux, Periféricos, Son, Telefonía, Vídeo
O portal de novas tecnoloxías CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.
O iPod non podía faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxías algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.
Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.
No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.
Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.
Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.
Visto en Código Cero.
Máis información: CNET – Top 10 must-haves.