Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Pasen Shakeit, axítao

shakeit

Este reproductor conta con uns acelerómetros que permiten movernos polos menús, seleccionar cancións, videos… simplemente axitándoo cara un lado ou cara o outro. Dende o meu punto de vista un sistema de navegación un tanto incómodo e máis complicado co sistema típico de botóns.

Esperemos que teña un sistema de bloqueo de este sistema, senón resultará imposible levalo nun bolsillo ó sair a rúa.

Ten unha pantalla QVGA de 2.8 pulgadas de 320×240, 2gbs de memoria, reproducción dos archivos AVI, FLV, MP3, WMA, APE, FLAC, JPEG, GIF y BMP, radio fm, lector de e-books, función karaoke e tecnoloxía de son Microsoft PlayFX que consigue un son 3D a través dos auriculares.

Ademáis de todo isto, gracias os seus acelerómetros conta coa función de podómetro.

Ten unha autonomía de 10 horas de audio e 3 de video.

Prevese a saída á venda en outubro.

Visto en: Tecnoadeptos.


Iriver W10, reproductor multimedia con wifi e gps integrado

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saída é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saída.

Visto en: Gadgetometro


Vídeo promocional do Nokia N81

Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o vídeo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente


Nokia E51, conectividade na palma da man

Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia.

Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos.

As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existía no E50 e que cada vez usa menos Nokia.

Destacar como características, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 píxels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapíxeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e vídeo.

A autonomía da batería é de 4,4 horas en conversa e 13 días en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón.

Máis información: Nota de prensa de Nokia


Sony Walkman E010, mp3 con cristais de Swarovski

Sony Walkman E010

É un pequeno capricho, mais tamén dicir que son bonitos. Falamos dos novos mp3 de Sony, os Walkman E010, que destacan por ter incrustacións de cristais Swarovski.

O prezo, pese a todo non é excesivo:

  • 1Gb por 128 dólares.
  • 2Gb por 150 dólares.
  • 4Gb por 200 dólares.

Están á venda como podedes ver en azul, dourado, rosa, lila e negro; ofrecen autonomía de 30 horas.

Vía: Xataka


Blackberry Curve 8310, anunciada oficialmente

Blackberry Curve 8310
RIM ven de anunciar a nova Blackberry 8310, que básicamente é a anterior Blackberry Curve pero con GPS. Porén, o resto de características seguen sendo as mesmas:

  • Teléfono cuatribanda
  • Memoria flash interna de 64MB, ampliábel mediante tarxetas de memoria MiniSD.
  • Bluetooth
  • Cámara de 2 megapíxeis
  • Reproductor de audio e vídeo, con altofalantes e saída para auriculares estándar
  • Batería de ata 17 días en espera ou 4 horas en conversa

O terminal sairá en exclusive con Vodafone en breve, e sairá con acceso directo a Google Maps e coa opción Vodafone GPS Navigator.

Vía: Xataka.com
Máis información: Web oficial
En Trebellos: Presentada a BlackBerry Curve


Levi’s The Original, o primeiro da compañía

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefonía móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPíxeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial


Baixada de prezo nos Microsoft Zune

Microsoft Zune

Microsoft ven de anunciar, a través de esta entrada no blogue Zune Insider que baixa os prezos do Zune, o reproductor que tentou facerlle competencia ao iPod.

Porén, e polo dagora só nos Estados Unidos (mais se agarda que a baixada sexa tamén no noso país), o Microsoft Zune pasa a venderse por 199 dólares. Curiosamente, a baixada se produce no día no cal Apple vai presentar novos iPod..¿simplemente casualidade?

Vía: Engadget


Novos iPod mañá? Máis información

The beat goes on

Segundo últimas informacións, algunhas tendas distribuidoras de produtos Apple no noso país xa levan algún tempo sen recibir novas unidades de diversos productos da marca Apple, como son os iPod. En tendas como HiperPlanet (Lugo) os estantes dedicados a este reproductor están case baleiros, e segundo confirmou un dos vendedores, sen existencias.

Pero o que pasa en Lugo tamén pasa, segundo outras webs, nalgunhas tendas de toda a xeografía. Será isto unha confirmación de que Apple presentará novos reprodutores mañá?

Algunhas webs seguen especulando sobre isto. Mesmo apuntan á aparición de novas familias iPod e á desaparicíón do modelo máis básico, o Shuffle.

Será todo isto certo? A resposta… mañá!


Nokia N81, presentado oficialmente

Nokia N81

Finalmente, no evento de Nokia de onte tamén se presentou este N81, que ten unha pinta fantástica, pois é un concepto algo distinto no que coñecemos na telefonía.

Sairán dúas versións do teléfono: con memoria de 8GB interna e outra sen ela, pero que admitirá MicroSD. No resto son iguais: cuatribanda, cámara de 2 megapíxeis e con saída de auriculares estándar pra usalo de reproductor ou radio FM.

O N81, xunto co N95 do que falamos, será un dos primeiros Nokia compatíbel coa nova Nokia Music Store e o novo servizo N-Gage. O modelo de 8GB sairá por 430 euros, e o outro cunha MicroSD de 2GB costará 360 euros. Sairán a finais do 2007.

Máis información: Nokia


Posteriores entradas »