Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Primeira foto do suposto novo Macbook

Novo Macbook

O vindeiro 15 de Xaneiro a xente de Apple farán unha nova Keynote onde presentarán novos productos, e un deles é un novo portátil ultraportable que podería revolucionar o que hoxe coñecemos como ordenador portátil.

E como é frecuente antes destas presentacións, surxen imaxes a miúdo falsas de cómo será o producto presentado, neste caso o novo portátil. Entre as posíbeis prestacións se di que non terá gravadora nen lectora de CD ou DVD senón que será externa, que o disco duro tradicional se sustituirá por unha memoria e que a pantalla se reduce ata unhas 12 pulgadas, unha autentica delicia para os que gostamos de levar o noso portátil alá onde sexa.

Ata o día 15 de Xaneiro non queda outra que agardar, mais non dubides que o día 15 en canto se vaian presentando novos productos en Trebellos seremos os primeiros en comentalo.


Asus U1E, un auténtico portátil ultralixeiro

Asus U1E

Asus ven de presentar un portátil que fai honra ao nome, pois conta cunha pantalla de 11.1 pulgadas e se reduce o peso a algo menos dun quilo, certamente lixeiro.

Se o abrimos atopamos un procesador Intel Core Duo, 2Gb de Ram, disco duro de 100Gb, gravadora dvd externa e conectividade Wi-Fi e Bluetooth.

Destaca tamén a batería, de 3 celdas, puidendo mercar unha de 6 celdas para conseguir autonomía de 6 horas. Sae á venda por 1999 euros o vindeiro mes.

Vía: Engadget


Xa se saben os prezos oficiais do Asus Eee

Asus EeeEn Trebellos falamos fai tempo desta boa aposta ultraportátil, con pantalla de 7″, conectividade WiFi, un peso de 890 gramos e con 3 horas de batería.

Hoxe en Xataka lemos que vai saír un pouco máis caro, comentamos os prezos:

  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM e en cor negro, por 259 dólares.
  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM,e en cor branco,con webcam integrada e bolsa de transporte por 299 dólares.
  • 4Gb de disco duro,512Mb de RAM, por 399 dólares.

Pese a subida de prezos, este Asus segue a ser unha boa alternativa para ter un ordenador a man, con completísima movilidade.

En Trebellos: Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico


Cómo tirar unha foto cunha PSP a distancia

Canon EOS Mark IIIDe vez en cando un atopa cousas polos blogues que o deixan abraiado, e este caso é un deles: cómo sacar unha foto cunha Canon EOS1 DS Mark III a distancia cunha Playstation Portable. Sí, líchedes ben.

A Ds Mark III é unha cámara de fotos réflex, para profesionais, con 21 MPx, 45 puntos de enfoque…pero nelas destaca un sistema de control sen fíos da cámara. Serve, entre outras cousas, pra enviar as fotos a calqueira parte do mundo dende a cámara, só tendo unha rede WiFi.

Pero, ademais, o módulo tamén permite controlar tódalas funcións da cámara de modo remoto dende calqueira dispositivo sen fíos, ben sexa un portátil, ben unha PSP como neste caso, que resulta abraiante.

No blogue comentan que na mesma exposición, coa PSP se axustaban os parámetros e se tiraron varias fotos, pra logo subila a Flickr, sen tocar para a nada a cámara, todo dende a PSP. Como é de agardar, non podemos mover a cámara a distancia (polo dagora), mais é un exemplo ideal pra ter a cámara enfocada para capturar un intre que vai suceder e a distancia cun destes trebellos e cicais en mellor posición ir vendo o que sucede e poder manexar a cámara. Tremendo.

Máis información: Clipset


Nintendo Nes Portátil, a ciencia avanza

Nes Portable

Moitas veces vemos pola rede modificacións de consolas bastante impresionantes, mais penso que poucas como esta, unha SuperNintendo Nintendo Nes co seu control orixinal e unha pantalla, polo cal se pode transportar.

Pouco máis se sabe a imaxe, se ben está dando a volta por moitos blogues de gadgets (Engadget, Techdigest, WiiWii, Infendo…); en fin, xa pode ir tremendo o iPod Touch


Toshiba Gigabeat T401, PMC sen fíos

Toshiba Gigabeat T401

Toshiba ven de presentar o Toshiba Gigabeat T401, un Centro Multimedia Portable pero que ademáis ten conexión sen fíos, pra poder así compartir arquivos. Ten bastante boa pinta de cara ao mercado multimedia, mais teremos que agardar pra ver cómo funciona exactamente súa capacidade sen fíos, e se non está limitada dalgún xeito.

O reproductor ten unha pantalla de 2.4 pulgadas e resolución de 320×240 píxeles, con soporte pra reproducir vídeo WMV, MP3 e outros ficheiros como WMA nos seus 4GB de memoria flash e unha batería que segundo a marca dura 16 horas de reproducción de audio ou 5 de vídeo.

Este pequeno reproductor, de só 9.9 milímetros de delgadez sairá no país nipón en Outubro a un prezo de saída de 250 dólares aproximadamente, e de chegar a Europa o faría sobre o Nadal ou a comezos do vindeiro ano.

Máis información: Toshiba


decTOP, unha chea de posibilidades por menos de cen euros

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxía ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxía e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do día sen consumir moita enerxía. As súas características son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galería de fotos


Cámara dixital e Impresora de Zink, a Polaroid 2.0

Cámara-Impresora Zink

A empresa Zink ven de anunciar a disponibilidade a finais de ano dun trebello que pode sentar un precedente. Maxino que todos neste intre lembramos o funcionamento dunha cámara Polaroid; pois ben, ¿cómo sería unha Polaroid pero cunha cámara dixital?

Segundo a propia marca, as especificacións son as seguintes:

  • Cámara dixital de 7 Megapíxeis con Zoom óptico de 3x.
  • Pantalla a cor de 2 púlgadas.
  • Almaceamento en tarxetas SD.
  • Imprime fotos sen bordes en tamaño de 2×3 pulgadas.
  • Usa papel ZINK™ pra imprimir as fotos.
  • Batería recargable.

A primeira vista semella ter boa pinta, se ben cicais que só poidamos usar o papel propio da marca pra imprimir as fotos pode abocala ao fracaso como sucedeu con Polaroid, haberá que agardar a finais de ano pra sabelo.

Máis información: Páxina oficial
Vía: Engadget


A nova PSP Slim, por 169 euros

PSPSlim

Fai uns días se presentou unha nova versión da portátil de Sony, a Playstation Portable, mais é agora nestes días cando se desvelan os datos suficientes sobre esta actualización que pode dar que falar.

A nova PSP é un 33% máis lixeira e un 19% máis fina, e ademais conta con unha saída de vídeo pra poder xogar, por exemplo, nun televisor .

Os tempos pra cargar melloraron bastante e ten unha autonomía destacada, probábelmente pra loitar contra a súa principal rival, a Nintendo DS, que destaca pola súa batería.

A nova PSP estará á venda en negro, en plata, e nunha edición da Guerra das Galaxias, a partir de 169 euros. Non se sabe data de saída ao mercado, pero se comenta Setembro como data probábel.

Máis información: Vídeo da PSP Slim


Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico.

Asus EeeParece que o fabricante Asus vai entrar de cheo no mercado dos ultraportatiles de baixo custe co seu Eee PC. Tratase dun portatil con pantalla de 7″, procesador Intel por determinar 512 MB de RAM e conectividade wifi ó estilo do OLPC deseñado polo MIT. O triple e , pesa 890 gramos e tarda unhas 3 horas en esgotala batería.

Unha boa alternativa pra navegar dende calquer lugar por tan só 199 $.

Visto en Codigo Cero
Mais información : Paxina oficial de Asus


Posteriores entradas »