Trebellos || Gadgets en galego

Pasen Shakeit, axí­tao

shakeit

Este reproductor conta con uns acelerómetros que permiten movernos polos menús, seleccionar cancións, videos… simplemente axitándoo cara un lado ou cara o outro. Dende o meu punto de vista un sistema de navegación un tanto incómodo e máis complicado co sistema tí­pico de botóns. Esperemos que teña un sistema de bloqueo de este sistema, senón resultará imposible levalo nun bolsillo ó sair a rúa. Ten unha pantalla QVGA de 2.8 pulgadas de 320í—240, 2gbs de memoria, reproducción dos archivos AVI, FLV, MP3, WMA, APE, FLAC, JPEG, GIF y BMP, radio fm, lector de e-books, función karaoke e tecnoloxí­a de son Microsoft PlayFX que consigue un son 3D a través dos auriculares. Ademáis de todo isto, gracias os seus acelerómetros conta coa función de podómetro. Ten unha autonomí­a de 10 horas de audio e 3 de video. Prevese a saí­da á venda en outubro. Visto en: Tecnoadeptos.

RCA Jetstream

A idea de empregar un reprodutor MP3 como complemento ideal para a práctica dalgún deporte como o atletismo non é nada novo. Apple e Nike xa levan un tempo comercializando o pack Nike+, que serve para empregar o iPod coma un podómetro. Pero agora, ao pack deportivo Nike+ saiulle un moi duro rival: o RCA Jetstream. Este reprodutor MP3, con 1Gb de capacidade, conta xa coas funcións de podómetro, contador de calorí­as queimadas e calculadora de í­ndice de masa corporal integradas. Especialmente pensado para deportistas, o Jetstream incorpora unha novidosa tecnoloxí­a, denominada Kleer, que permite escoitar as cancións que teñas almaceadas nuns auriculares inarámicos, incluidos de serie. Pode reproducir arquivos WMA, MP3 ou Audible, transferidos grazas á tecnoloxí­a USB de alta velocidade, e tamén se pode escoitar a Radio FM. Dispoñible a comezos de outubro a uns 150 dólares aproximadamente. Ví­a: Gizmos

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios