Trebellos || Gadgets en galego

Spa con pantalla de plasma de 61 pulgadas

Enorme Spa

Maxina ver a Luar (ben, Gayoso ou un partido de fútbol, quen sabe) namentras estás nun auga burbulleante. Certamente tremendo, e iso é o que nos ofrece CatalinaSpas.

Certamente, non é algo do que falemos frecuentemente en Trebellos, mais non puiden resistirme a facelo. Dispón de 4 asentos e unha infinidade de chorros de auga para compartir o partido ou o que queiras nese lugar.

Por certo, non din nada do prezo. Mellor.

Máis información: BornRich

plasmavslcdLogo de falar do tamaño dos televisores para a casa, falaremos de dúas das tecnoloxí­as mais populares na actualidade. Cada vez son mais os modelos de televisores planos asequibles a un bolsillo medio. Pero á hora de mercar unha pantalla deste tipo son moitas as dudas que nos sacuden os miolos. Dende trebellos tentaremos resolver as mais problemáticas con esta guí­a de merca para que a elección sexa a mais axeitada. Continúa lendo »

Neste novo capí­tulo da guí­a pra mercar televisor, imos falar das diferencias entre FullHD e HD Ready e das principais vantaxes (e problemas) do novo sistema de alta definición

Logo da popularización dos plasmas FullHD podemos escomenzar a falar dun empate tecnoloxico entre LCD e plasma en canto a resolución. í‰ bo momento para aclarar que se agacha tras esa morea de siglas: FullHD, HD ready

HDREADYO logotipo HDReady distingue ós televisores que cumplen os estandares da EICTA e que teñen unha entrada analóxica, unha dixital (DVI ou HDMI) e que teñen a lo menos 720p de resolución, é dicir 720 liñas como mí­nimo ou 1080i (1080 liñas entrelazadas).
A tecnoloxí­a FullHD refirese a televisores que soporten resolucions mí­nimas de 1920 X 1080, é dicir 1080p. Son 1080 liñas de escaneado progresivo, ou abreviando 1080p.
fullhd

E importante suliñar que ambas tecnoloxí­as son capacidades máximas do televisor, o que non quere dicir que vexamos a imaxe a esa resolución. Como xa indicamos noutros artigos, a calidade da imaxe ven condicionada pola calidade da fonte e dos conectores que usemos. Como a televisión (analóxica ou dixital) non consegue esa definición, para sacarlle o máximo partido ós nosos aparatos, debemos usar outro tipo de fonte de video dixital: lectores Blu-ray, ordenadores, PS3, etc… Non debemos esquecer o tipo de conectores axeitado para cada caso xa sexa DVI, HDMI 1.2 ou no caso de FullHD conexions HDMI 1.3 son as recomendadas.

Tamén cabe mencionar que as resolucions mais altas só pagan a pena en pantallas de mais de corenta pulgadas. En pantallas ata 40″, non poderemos distinguir se son 720p ou 1080p.

Por todas estas razons, pode ser un pouco precipitado mercar agora un televisor de estas caracterí­sticas. Sobre todo, se non temos pensado mercar un reproductor BluRay ou unha consola de ultima xeración, xa que non lle sacaremos rendemento a estas tecnoloxí­as.

Relacionados
: Guia pra mercar televisores planos : Plasma ou LCD
Mais información : HD Ready : FullHD

televisoresImoslle dar un repaso ás distintas opcións que temos pra mercar televisores de calquer tamaño.

A elección do tamaño decidirá o tipo de tecnoloxí­a que empregará o televisor. Para espazos pequenos coma un cuarto ou unha cociña, os televisores CRT de 14″ adoitan ser unha boa opcion polo seu prezo axustado dende 90€ , xa que os televisores LCD de 15″ están sobre 240€.

Se o que buscamos e unha pantalla mais grande para colocar no salón debemos ter en conta a distancia dende donde visionamos. Podense suxerir 37″ dende 2.5 m e 42″ dende 3 m como referencias, pero a raiña do mercado e sin dubida a pantalla de 32″. Tendo en conta que os televisores de plasma comenzan en 40″, se escollemos tamaños menores xa sabemos a tecnoloxí­a que empregará a nosa tele: LCD.

Continúa lendo »

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios