Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Benq C840, cámara dixital de 8 megapíxeles

Benq C840

A pesar de que a marca non atravesa polo seu mellor momento, seguen a presentar novos produtos. Neste caso trátase da cámara dixital C840, modelo sucesor da antiga C740i.

Destaca polo seu sensor de 8 megapíxeles, óptica PENTAX e polas funcións de gravación de video en formato panorámico a unha resolución de 720×400 píxeles e 30fps. Ademáis, tamén é capaz de tomar fotografías en formato panorámico, diferentes tamaños e pódense engadir efectos dende a propia máquina. Dispón de zoom óptico 3x, que tamén se pode empregar durante as gravacións de video.

É compatible coa tecnoloxía PictBridge e soporta tarxetas SD e SDHC de ata 4Gb. Aliméntase con dúas pilas AA.

Máis información:
Nota de prensa


Sony Ericsson K770, novo terminal multimedia a finais de ano

Sony Ericsson k770i

Sony Ericsson ven de presentar o Sony Ericsson K770, con cámara de 3.2 MPx, autofocus e con tecnoloxía para evitar as fotos borrosas. Só pesa 95 gramos e mide 105 x 47 x 14.55 mm.

A pantalla é de prácticamente 2 pulgadas, con resolución de 240×320, con opcións ideais pra a fotografía, como menús pra editar as fotos directamente dende o teléfono ou melloralas se foron sacadas baixo pobres condicións de luz. Ademais, as fotos se poden compartir usando o cable USB ao noso PC ou mandándoas a unha impresora compatíbel con PictBridge.

Como era de agardar, ten soporte pra tarxetas Memory Stick Micro e trae de serie unha tarxeta de 256Mb, que ofrece espazo pra 200 fotos á máxima calidade. Ademais, o K770 ten reproductor de música integrado e conta con soporte pra enviar audio a través de Bluetooth a uns altofalantes por estéreo.

Navegando, o K770 ten navegador web integrado pra usar a conexión 3G, mais non trae EDGE, polo que non é un terminal especialmente destacado no aspecto das comunicacións, senón que moito máis enfocado no multimedia.

O K770 estará en Europa no derradeiro cuarto do 2007, a un prezo sen subvencionar de $300.

En Trebellos: Sony Ericsson Cybershot K850, cámara de fotos con teléfono