Trebellos || Gadgets en galego

Philips Power2Go, baterí­a onde precises

Power2Go

Philips segue hoxe presentando cousas e entre elas queremos destacar este útil trebello. O que aparentemente é un cargador por USB ten incorporada unha baterí­a, polo que podemos seguir tendo alimentación aí­nda que estemos lonxe do enchufe. Segundo a marca, cunha soa carga poderemos ter ata 60 horas de baterí­a pra os nosos trebellos. O que vedes na imxe é o SCE7640, o maí­s alto desta categorí­a, que nos proporciona enerxí­a de ata 20V. Ademais é compatí­bel con ordenadores portátis e ven como podedes ver cun indicador en LED pra o estado da baterí­a. Sairá en Europa a finais de ano, no intre ideal pra que as panxoliñas non deixen de soar e soar. Preparádevos. Máis información: Nota de prensa

Philips WAC3500D, música sen fí­os

Philips WAC3500D

O novo Centro de Audio Sen Fí­os Philips WAC3500D ten moi pinta. O que presentamos ten o seguinte:

  • Disco duro interna de 80Gb.
  • Conectividade pra iPod
  • Porto USB pra conectar outro trebello con audio.
  • Capacidade pra gardar e reproducir MP3 e WMA que estén nun PC.
  • Capacidade de pasar o CD que metamos a MP3 con diferentes bitrates.
  • A música gardada pode escoitarse ata en cinco estacións sen fí­os que estén pola casa.

O WAC3500D xa está á venda en Europa ao redor de 500 dólares.

Máis información: Philips

Philips BTM630, música por Bluetooth

Philips BTM630Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fí­os a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630.

Con el teremos bastante conectividade, pois pode ler CD, MP3-CD, WMA e todo isto a través, por exemplo, dunha unidade flash USB ou dunha tarxeta de memoria. E tamén, aí­ súa innovación, permite reproducir a música a través de Bluetooth, polo que poderemos escoitar polos altofalantes o que emita un dispositivo con Bluetooth, como un teléfono móbil ou unha PDA.

Inclue tamén sintonizador AM/FM, o famoso dock pra iPod e 8 adaptadores pra que sirvan prácticamente tódolos modelos de mp3, así­ como función USB pra levar a música dende o MP3 que teñamos conectado ao PC, moi boa impresión, de veras.

O BTM630 sairá en Agosto a un prezo de 199 dólares
, non demasiado excesivo pra tódalas funcionalidades que trae.

Máis información: Philips

Dock pra o Ipod

Esto que vedes o poderí­a calificar de auténtico centro multimedia pra o iPod.

Seu nome é Philips AJ3000D e pode usarse ademais cos MP3 Go Gear de Philips. Os altofalantes son de 6W, ten radio AM/FM e só custa 80 dólares, na miña opinión asequí­bel pra un trebello de este tipo.

Ademais de esquecernos de ter xa unha radio na nosa habitación, podemos usalo perfectamente como se de un equipo estéreo se tratase, pois conta ademais cun mando a distanza pra manexalo, cousa bastante comúns nos docks pra o iPod.

Via: Xataka

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios