Trebellos || Gadgets en galego

Optimus Maximus

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no seu prezo. Así­ a versión máis barata do teclado, con pantalla só na barra espaciadora, custará uns 371 €; a media, con dez pantallas na súa parte lateral esquerda, terá un prezo de 481 € e a máis alta, con 47 pantallas correspondentes ao teclado alfanumérico, rondará os 803 €. Visto en: Engadget Máis información: Art. Lebedev

Tecrado OptimusXa se pode reservar dende estes intres o tecrado Optimus Maximus, un tecrado que leva xa un tempo dando que falar no sector tecnolóxico pola novidade que supón, pois cada unha das tecras é unha pequena pantalla OLED, co que iso supón. Por tanto, podemos ter tecras configurábeis cos programas que máis usemos no noso ordenador, podendo acceder rápidamente pulsando un só botón. Como era de agardar, tanta novidade non pode ter un prezo moi axustado, e se anunciou que o prezo final será de 1.256 euros, non apto pra calquera bolsillo. Pra quen estea interesado, publicamos a lista enteira de caracterí­sticas que este peculiar teclado ten:

  • Dimensións: 537 x 173 x 38 milí­metros
  • Tecnoloxí­a OLED en cada unha das 113 tecras.
  • Resolución de cada tecra: 48 x 48 pí­xeles.
  • 10 imaxes por segundo, e 65.536 cores.
  • Compatí­bel con Windows e Mac OS.
  • Máis información: Art Lebedev

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios