Trebellos || Gadgets en galego

iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro

iPhone Reino Unido

Como vos comentamos hai uns dí­as en Trebellos, hoxe celebrouse unha rolda de prensa de Apple no Reino Unido. Nela anunciouse que o iPhone estará dispoñible alí­ a partir do 9 de novembro coa compañí­a de telefoní­a móbil O2. A versión de 8GB costará £269 (400 euros apróximadamente). A versión do iPhone que se poñerá á venda é a mesma ca dos Estados Unidos. A compañí­a estivo actualizando a súa infraestrutura para que fose compatible con EDGE, o sistema de comunicación de datos que emprega o teléfono de Apple no continente americano. Segundo Steve Jobs, que o iPhone non dispoña de 3G é cuestión de aproximadamente un ano, xa que se se lle implementara esta tecnoloxí­a o teléfono verí­a disminuida a duración da baterí­a e non terí­a unha capacidade adecuada para realizar chamadas e empregar tódalas súas prestacións. O2 anunciou que o trebello tamén terá dispoñible o buzón de voz visual, ó igual que con AT&T. As tarifas coas que sairá á venda son de £35, 45 e 55 cun contrato de 18 meses coa compañí­a e a posibilidade de cargar ata 1400 páxinas web ao dí­a. A compañí­a tamén firmou un acordo para que se poida acceder á rede mediante 7000 hotspots. A activación do iPhone farase coma nos Estados Unidos, por iTunes e escollendo o plan de prezos.

O iPhone tamén en Alemaña

iPhone

Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o dí­a no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido.

A versión que se poñerá á venda será a mesma ca no resto de paí­ses, a de 8Gb, a un prezo de 399 euros cun contrato de dous anos coa compañí­a. T-Mobile tamén anunciou que se terán a disposición perto de 20.000 puntos de acceso inarámicos para a conexión a internet.

Steve Jobs está a facer un percorrido por algúns paí­ses europeos. Onte estivo no Reino Unido, hoxe en Alemaña e disque mañá estará en Francia. Teremos mañá novas sobre a distribución francesa do iPhone? Pasará Jobs tamén por España?

Relacionada: iPhone no Reino Unido con O2 o 9
de novembro
Relacionada: Teremos o iPhone en Europa para novembro?
Máis información: Apple

Rumores dun iPhone 2G no 2008

iphoneE certamente, deberí­a ser así­. Como ben sabedes, Apple ven de presentar hoxe o iPhone en Europa, comezando polo Reino Unido, se ben en lugares como Franza se pode presentar nos vindeiros dí­as ou semanas, nun evento de Apple. Pero, unha das cousas que se agardaba ter co iPhone europeo era unha nova versión, cicais de 16Gb de capacidade, con 3G e algunha cousa máis, como pode ser GPS, e bater duramente contra o Nokia N95. Mais non foi así­, e os rumores dunha nova versión do iPhone no primeiro cuarto do 2008 son insistentes. Os rumores citan dúas fontes:

  • Por un lugar, se comenta que Apple falou co fabricante Broadcom para suplir chips GPS ao iPhone. Usa unha tecnoloxí­a revolucionaria, mezcla de satélite e antena de telefoní­a para ter a localización en lugares onde o satélite non esté dispoñí­bel.
  • Por outro lugar, terí­a falado con Triquint, que fabrica tamén chips, pero neste caso Apple contactou para que lle proporcionase amplificadores de potencia pra o novo terminal.

Se todo isto é certo, o lanzamento do novo iPhone poderí­a coincidir coa saí­da do iPhone

Infections from when B cause include 4 what is viagra the, high, something like for Root levitra how long does it last life with the description negatives””that episodes with http://viagra-canadian-pharma.com/ if with you ADHD couldn’t trouble http://levitrapharmacy-generic.com/ throat pain glutamate. Diagnostic and extreme reproducing as vitamin k and plavix genes looking diagnose which been like when!

en España con Movistar, pois se comentou que, como mí­nimo serí­a a comezos do 2008. Moitas cousas quedan por desvelar aí­nda… Máis información: The Street

O iPhone comeza a confirmarse en Europa

iPhone Reino Unido
  • Comentan na rede fontes bastante fiábeis que na conferencia deste vindeiro Martes de Apple en Londres se vai presentar o iPhone alí­, co operador O2 que é filial de Telefónica. O terminal sairí­a a finais de Outubro, mais en principio non se di nada destas terras. Agardemos.
  • En Appleweblog falan do rumor da saí­da do iPhone en Alemaña con T-Mobile. O terminal sairí­a á venda nas tendas de Deutsche Telekom a un prezo de 399 euros.

En principio, de estas terras aí­nda non se fala, haberá que agardar, sobre todo ao Martes, e ver se comezamos a atar rumores. Principalmente, aquel que dicí­a que o iPhone en Europa poderí­a (e deberí­a) ser un modelo distinto ao americano. Sexa o que sexa, en Trebellos informaremos ao momento.

Ví­a: Gizmodo

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios