Apple TV, con novas funcións

Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aínda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañía.
Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar películas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar películas directamente dende o Apple TV, así como de descargar directamente os podcasts do seu directorio. Á posibilidade de ver videos de YouTube, que xa tiña integrada, únenselle novas funcións de visor multimedia, xa que se permite visualizar directamente galerías de flickr e .mac. Todo isto integrado nunha interface mellorada visualmente respecto á versión anterior.
Non é un novo modelo, e polo tanto haberá unha actualización de software que estará dispoñible tamén para os usuarios dun Apple TV anterior de forma gratuíta. Os que se vendan a partir de agora xa traerán o software de serie.
Dispoñible en dúas capacidades, 40GB a 289€ e 160GB a 379€.
Máis información: Apple TV

Seica pronto teremos unha nova versión do sistema operativo máis famoso para os móbiles, o Symbian. Será a Symbian S60 3rd Edition Feature Pack 2 para os móbiles Nokia, e segundo os rumores sairá en xuño do 2008.






