mujiNa tenda online do Museo de arte moderno de New York, o MOMA poderemos adquirir uns curiosos altofalantes de carton deseñados por Muji. Muji e unha marca xaponesa (o nome significa literalmente “sen marca”) que leva 20 anos innovando e creando trebellos baixo as premisas de “menos e mais” e do respeto ó medioo ambiente. Así­, os produtos desta firma con tendas en Barcelona son de materiais “pouco” contaminantes coma papel ou metacrilato e as súas envolturas tamén.

Neste caso, os altofalantes de cartón poden ser pregados para facilitalo seu transporte ainda que xa son pequenos de por si cuns 8 cm no seu lado maior. Os seus materiais pouco agresivos co medio, é a súa comodidade fan deles unha escolla moi práctica. De seguro non han dar un son dunha calidade espectacular, pero han nos sacar de un apuro por uns 42 € na tenda do MOMA ou por uns 20 ₤ nas tendas Muji.


Mais información
: Páxina do produto : Tenda MOMA : Páxina Muji