Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Pasen Shakeit, axítao

shakeit

Este reproductor conta con uns acelerómetros que permiten movernos polos menús, seleccionar cancións, videos… simplemente axitándoo cara un lado ou cara o outro. Dende o meu punto de vista un sistema de navegación un tanto incómodo e máis complicado co sistema típico de botóns.

Esperemos que teña un sistema de bloqueo de este sistema, senón resultará imposible levalo nun bolsillo ó sair a rúa.

Ten unha pantalla QVGA de 2.8 pulgadas de 320×240, 2gbs de memoria, reproducción dos archivos AVI, FLV, MP3, WMA, APE, FLAC, JPEG, GIF y BMP, radio fm, lector de e-books, función karaoke e tecnoloxía de son Microsoft PlayFX que consigue un son 3D a través dos auriculares.

Ademáis de todo isto, gracias os seus acelerómetros conta coa función de podómetro.

Ten unha autonomía de 10 horas de audio e 3 de video.

Prevese a saída á venda en outubro.

Visto en: Tecnoadeptos.


RCA Jetstream, reprodutor MP3 inarámico para deportistas

RCA Jetstream

A idea de empregar un reprodutor MP3 como complemento ideal para a práctica dalgún deporte como o atletismo non é nada novo. Apple e Nike xa levan un tempo comercializando o pack Nike+, que serve para empregar o iPod coma un podómetro. Pero agora, ao pack deportivo Nike+ saiulle un moi duro rival: o RCA Jetstream.

Este reprodutor MP3, con 1Gb de capacidade, conta xa coas funcións de podómetro, contador de calorías queimadas e calculadora de índice de masa corporal integradas. Especialmente pensado para deportistas, o Jetstream incorpora unha novidosa tecnoloxía, denominada Kleer, que permite escoitar as cancións que teñas almaceadas nuns auriculares inarámicos, incluidos de serie. Pode reproducir arquivos WMA, MP3 ou Audible, transferidos grazas á tecnoloxía USB de alta velocidade, e tamén se pode escoitar a Radio FM.

Dispoñible a comezos de outubro a uns 150 dólares aproximadamente.

Vía:
Gizmos


Iriver W10, reproductor multimedia con wifi e gps integrado

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saída é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saída.

Visto en: Gadgetometro


Vídeo promocional do Nokia N81

Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o vídeo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente


Sony Walkman E010, mp3 con cristais de Swarovski

Sony Walkman E010

É un pequeno capricho, mais tamén dicir que son bonitos. Falamos dos novos mp3 de Sony, os Walkman E010, que destacan por ter incrustacións de cristais Swarovski.

O prezo, pese a todo non é excesivo:

  • 1Gb por 128 dólares.
  • 2Gb por 150 dólares.
  • 4Gb por 200 dólares.

Están á venda como podedes ver en azul, dourado, rosa, lila e negro; ofrecen autonomía de 30 horas.

Vía: Xataka


Sony Rolly, revolucionario robot musical

Sony Rolly

Xa sabíamos da existencia do Sony Rolly dende hai algún tempo, pero ata o de agora non se coñecía ningunha das súas características. Agora sabemos que o aparello pode funcionar ben como reprodutor MP3 ou como sistema de altofalantes inarámicos.

Como reprodutor MP3 autónomo, dispón dunha memoria de 1Gb, na que se pode almacenar música que o trebello se encargará de reproducir aleatoriamente grazas ós seus altofalantes integrados. Para cambiar de canción ou subirlle o volume é necesario xirar unha parte do robot, porque carece de botóns.

Como comentaba, o Rolly tamén pode servir para ter uns altofalantes inarámicos, xa que grazas a que incorpora a tecnoloxía Bluetooth pódese conectar cun ordenador.

Cando reproduce música, móvese e pode facer coreografías, configurables dende o PC e tamén dispoñibles en internet.

O trebello poñerase á venda en Xapón o 29 deste mesmo mes a un prezo de 350 dólares.

Vía: Xataka


Levi’s The Original, o primeiro da compañía

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefonía móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPíxeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial


Creative ZEN, a polos iPod

Creative ZEN

Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografías, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.

Ademáis de reproducir video e fotografías, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non podería faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.

Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.

Máis información: Creative


Philips WAC3500D, música sen fíos

Philips WAC3500D

O novo Centro de Audio Sen Fíos Philips WAC3500D ten moi pinta. O que presentamos ten o seguinte:

  • Disco duro interna de 80Gb.
  • Conectividade pra iPod
  • Porto USB pra conectar outro trebello con audio.
  • Capacidade pra gardar e reproducir MP3 e WMA que estén nun PC.
  • Capacidade de pasar o CD que metamos a MP3 con diferentes bitrates.
  • A música gardada pode escoitarse ata en cinco estacións sen fíos que estén pola casa.

O WAC3500D xa está á venda en Europa ao redor de 500 dólares.

Máis información: Philips


Toshiba Gigabeat T401, PMC sen fíos

Toshiba Gigabeat T401

Toshiba ven de presentar o Toshiba Gigabeat T401, un Centro Multimedia Portable pero que ademáis ten conexión sen fíos, pra poder así compartir arquivos. Ten bastante boa pinta de cara ao mercado multimedia, mais teremos que agardar pra ver cómo funciona exactamente súa capacidade sen fíos, e se non está limitada dalgún xeito.

O reproductor ten unha pantalla de 2.4 pulgadas e resolución de 320×240 píxeles, con soporte pra reproducir vídeo WMV, MP3 e outros ficheiros como WMA nos seus 4GB de memoria flash e unha batería que segundo a marca dura 16 horas de reproducción de audio ou 5 de vídeo.

Este pequeno reproductor, de só 9.9 milímetros de delgadez sairá no país nipón en Outubro a un prezo de saída de 250 dólares aproximadamente, e de chegar a Europa o faría sobre o Nadal ou a comezos do vindeiro ano.

Máis información: Toshiba


Posteriores entradas »