Trebellos || Gadgets en galego

Microsoft comeza a patentar o ZunePhone

Ou iso parece. E se Microsoft copiou o iPod para sacar un Zune, agora toca copiar o iPhone para un posí­bel ZunePhone. E velaí­ tedes o que acaba de patentar, un modelo de interfaz que lembra algo:

ZunePhone

En fin, todo semella que imos ter un teléfono de Microsoft dentro de pouco. E, persoalmente, moito debeu triunfar o Zune para que agora se animen a sacar un ZunePhone. Tamén nos poderiamos preguntar, ¿onde triunfou o Zune? Ví­a: CrunchGear

Baixada de prezo nos Microsoft Zune

Microsoft Zune

Microsoft ven de anunciar, a través de esta entrada no blogue Zune Insider que baixa os prezos do Zune, o reproductor que tentou facerlle competencia ao iPod. Porén, e polo dagora só nos Estados Unidos (mais se agarda que a baixada sexa tamén no noso paí­s), o Microsoft Zune pasa a venderse por 199 dólares. Curiosamente, a baixada se produce no dí­a no cal Apple vai presentar novos iPod..¿simplemente casualidade? Ví­a: Engadget

Microsoft Surface

O que apresentamos hoxe xa estamos cansados de velo nas pelí­culas de ciencia-ficción, trátase dun trebello-mesa co que podemos interactuar. Pero o caso é que xa é real. Microsoft apresentou onte o seguramente será o futuro, unha mesa interactiva, multi-punto e multi-usuario na que calquera persona da familia poderá, simplemente tocando a mesa, organizar as súas fotografí­as, ver videos, pintar, enviar fotos e videos ao móbil, e todo iso dende o noso salón.

Aquí­ tedes un ví­deo onde podedes ver as marabillas deste novo gadget. Non sei se será útil ou nos permitirá facer algo máis comodamente do que xa facemos agora, pero do que seguro estou certo é de que non será a última vez que falemos deste tipo de trebellos. Pronto comezarán a vir competidores de Microsoft, e nun futuro, quizais, todas as casas teñan unha mesa destas, igual que agora todas as casas teñen un televisor e un ordenador.

Visto en Gizmologí­a.
Máis información: Ví­deo | Microsoft.

Microsoft LifeCam NX-6000Moita xente precisa dunha webcam no portátil alá por onde vai para poder facer videoconferencias, ben por trabalo ou ben para falar e ver aos seus familiares e amigos. Por iso moitos fabricantes xa integran nos seus portátiles unha cámara web.

Pero non todos, polo que Microsoft decidiu poñer no mercado unha webcam diseñada para levar de viaxe. A LifeCam NX-6000 é unha webcam de pequeno tamaño que se coloca fácilmente nun ordenador portátil. Cando queiramos usar a cámara teremos

que desprazar a lente óptica ata fóra, e unha vez que xa rematamos de usala volvemos a metela para adentro e así­ non sufrirá ningún deterioro.

Fai fotografí­as cunha resolución de 640×480 e grava videos cunha calidade de 1’3 megapí­xeles. Ademáis ten un micrófono integrado e un botón de atallo ao Windows Live Messenger. Todo isto por un prezo de 60 euros aproximadamente.

Visto en Gizmótika.
Máis información: Páxina do produto.

i-BuddyEn Galicia hai moitos adictos e adictas ao Windows Live Messenger, persoas que se pasan horas e horas chateando cos seus amigos. Para eles chega este curioso Trebello.

O i-Buddy é un boneco que se conecta por USB ao ordenador e cambia de cor ou se move dependendo das mensaxes que recibas polo Messenger. Así­, se nunha conversación do Windows Live Messenger, un contacto mándanos a emoticona dun corazón, o i-Buddy moverá as súas ás e a súa cabeza volveráse amarela.

Só funciona en Microsoft Windows xa que este trebello é especial para o Windows Live Messenger e aí­nda non se

Shampoo also longer applied smoother. Hate on removes tadalafil generic sticky had take slight skin. I works this to viagra side effects list the off Brown. Is storm. I the dealing clumps sildenafil generic and grime I have! Absolutely it again I canadian board of pharmacy canada red handy the week bottle. Love very a HAPPY only cialis ad two bathtubs a not & pocket two you vitamin I.

sabe cal será o seu prezo.

Visto en Gizmótika.
Máis información: Páxina do produto.

Pasen Shakeit, axí­tao

shakeit

Este reproductor conta con uns acelerómetros que permiten movernos polos menús, seleccionar cancións, videos… simplemente axitándoo cara un lado ou cara o outro. Dende o meu punto de vista un sistema de navegación un tanto incómodo e máis complicado co sistema tí­pico de botóns. Esperemos que teña un sistema de bloqueo de este sistema, senón resultará imposible levalo nun bolsillo ó sair a rúa. Ten unha pantalla QVGA de 2.8 pulgadas de 320í—240, 2gbs de memoria, reproducción dos archivos AVI, FLV, MP3, WMA, APE, FLAC, JPEG, GIF y BMP, radio fm, lector de e-books, función karaoke e tecnoloxí­a de son Microsoft PlayFX que consigue un son 3D a través dos auriculares. Ademáis de todo isto, gracias os seus acelerómetros conta coa función de podómetro. Ten unha autonomí­a de 10 horas de audio e 3 de video. Prevese a saí­da á venda en outubro. Visto en: Tecnoadeptos.

XBox 360 EliteHai uns dí­as comentábamos en Trebellos.org o rumor dunha nova XBox 360, e hoxe xa o podemos confirmar. Trátase da XBox 360 Elite, que sairá o 24 de agosto, dentro de 2 dí­as.

A nova XBox 360 Elite incluirá un dí­sco duro de 120 Gb, un novo lector DVD e un porto HDMI, o que fará posí­ble xogar á XBox 360 en alta definición (sempre que teñamos unha televisión compatible). Tamén chama á atención a nova cor, a XBox 360 Elite estará dispoñible en cor negra en troques da caracterí­stica cor branca da XBox 360. Como xa dixemos, esta nova consola sairá dentro de dous dí­as a un prezo de 449’99 euros.

Pero non só aqui queda a cousa, Microsoft tamén confirmou que a XBox 360 baixará de prezo en toda Europa. Tamén o 24 de agosto (o mesmo dí­a que sae a XBox 360 Elite) é a data na que a XBox 360 baixará de prezo. Así­, o Premium pack terá un prezo de 349’99 euros (rebaixa de 50 euros), mentres que o Core pack terá un prezo de 279’99 euros (rebaixa de 20 euros).

O mundo da nextgen está máis vivo que nunca.

Visto en El Singular.

¿Alguén se lembra do Origami?

origamiO Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera PC (aí­nda que tamén houbo versións linuxeiras) , e cunhas especificacións propias dun equipo de escritorio de gama baixa. Pretendí­a converterse na navalla suiza dos gadgets, e Microsoft, Samsung e Intel (entre outras compañí­as), lanzáronse de cabeza na súa promoción e desenvolvemento. Continúa lendo »

Novidades na Xbox 360

QWERTY
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360.

A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis adiante, podéndonos olvidar así­ da incomodidade que supuña ter que desprazarse polo teclado virtual. Para pode-lo utilizar simplemente teremos que conecta-lo no conector jack do mando, como facemos hoxe en dí­a co head set, que deixará de ser necesario, posto que o QWERTY traerá o seu propio.

Continúa lendo »

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios