Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

i-Buddy, o trebello para os adictos ao Messenger

i-BuddyEn Galicia hai moitos adictos e adictas ao Windows Live Messenger, persoas que se pasan horas e horas chateando cos seus amigos. Para eles chega este curioso Trebello.

O i-Buddy é un boneco que se conecta por USB ao ordenador e cambia de cor ou se move dependendo das mensaxes que recibas polo Messenger. Así, se nunha conversación do Windows Live Messenger, un contacto mándanos a emoticona dun corazón, o i-Buddy moverá as súas ás e a súa cabeza volveráse amarela.

Só funciona en Microsoft Windows xa que este trebello é especial para o Windows Live Messenger e aínda non se sabe cal será o seu prezo.

Visto en Gizmótika.
Máis información: Páxina do produto.


Torradora con mensaxes personalizábeis

Torradora messenger

Definitivamente,as notas no frigorífico morreron. As notiñas 2.0 virán en torradas, ideal pra as parellas namoradas. Este trebello en cuestión funciona de tal xeito que ti escrebes unha mensaxe e a torradora o mostrará na torrada, queimando xusto o que ti poñas.

Polo dagora é un concepto de Sasha Steng, sorprendente cando menos, mais con posibilidades de triunfar no xénero friki.

Máis información: Sasha Steng
Vía: Engadget


Microsoft LifeCam NX-6000, leva a webcam de viaxe

Microsoft LifeCam NX-6000Moita xente precisa dunha webcam no portátil alá por onde vai para poder facer videoconferencias, ben por trabalo ou ben para falar e ver aos seus familiares e amigos. Por iso moitos fabricantes xa integran nos seus portátiles unha cámara web.

Pero non todos, polo que Microsoft decidiu poñer no mercado unha webcam diseñada para levar de viaxe. A LifeCam NX-6000 é unha webcam de pequeno tamaño que se coloca fácilmente nun ordenador portátil. Cando queiramos usar a cámara teremos que desprazar a lente óptica ata fóra, e unha vez que xa rematamos de usala volvemos a metela para adentro e así non sufrirá ningún deterioro.

Fai fotografías cunha resolución de 640×480 e grava videos cunha calidade de 1′3 megapíxeles. Ademáis ten un micrófono integrado e un botón de atallo ao Windows Live Messenger. Todo isto por un prezo de 60 euros aproximadamente.

Visto en Gizmótika.
Máis información: Páxina do produto.


Novidades na Xbox 360

QWERTY
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360.

A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis adiante, podéndonos olvidar así da incomodidade que supuña ter que desprazarse polo teclado virtual. Para pode-lo utilizar simplemente teremos que conecta-lo no conector jack do mando, como facemos hoxe en día co head set, que deixará de ser necesario, posto que o QWERTY traerá o seu propio.

Segue lendo »


Tutorial: Mellorar a conexión de Yoigo Internet

YoigoCoa teima da subida de tarifas na telefonía móbil no Marzal moitos e moitas coma eu mudamos de compañía pola teima de prezos e, sobre todo, pola aparición dunha nova compañía no mercado, Yoigo, que pretendía revolucionar o mercado con baixada de tarifas e unha tarifa de datos moi apetecíbel, por 1,2€ máximo ao día que aínda segue a ter. De feito, nestes intres estou fóra da casa nun punto das Rías Baixas onde non teño conexión a internet, nen detectei nengún punto de Fon (pois son fonero), nen unha red sen fíos aberta (hai unha, pero pechada, e nin pola pereza de ter o pc encendido cun programa de forza bruta moléstome).

Segue lendo »