Trebellos || Gadgets en galego

SN68PTG6A compañí­a especializada en barebones Shuttle acaba de anunciar a saida dun novo trebello. O barebone SN68PTG6 Deluxe e un mini ordenador (ordenador compacto mais ben) que soporta procesadores AMD e ata 4 Gb de RAM. O trebello ven equipado con moitos extras: Bluetooth, wifi, e mesmo lector de pegadas dixitais.

Pero a caracterí­stica principal deste ordenador, e a saida HDMI para conectar a televisores con esa entrada. A interfaz HDMI é de alta velocidade axeitada para

visualizar contidos HD ou Full HD nos novos televisores que o soporten. Tamén ven equipado con saidas Dolby HD de oito canales. Esta conectividade avanzada faino candidato para un mediacenter de alta resolución.

O barebone estará dispoñible nas tendas a partires da proxima semana por un prezo de 365 € na versión Deluxe e 278 € para a basica.

Mais información :
Shuttle anuncia os seus novos barebones

Relacionado :
HD Ready e Full HD en trebellos

Motorola RIZR Z8 Media Monster

Motorola Z8

Motorola ven de apresentar novos teléfonos móbiles, entre eles o Motorola RIZR Z8 Media Monster,

que está pensando para a reprodución de pelí­culas. As pelí­culas son o único que aí­nda non triunfa nos móbiles por iso as compañí­as cada vez se esforzan en facer pantallas máis grandes e de maior calidade para achegar o 7º arte aos móbiles. Este novo móbil apresentado onte ten unha memoria de 80MB ampliable a 32Gb con tarxetas microSD, reproduce 30 frames por

segundo, permitirá ver a televisión por móbil (en xuño saberemos en que paises), e terá o último en conexións: HSDPA. As súas especificacións técnicas son:

  • Bandas: HSDPA / GSM 900 / GSM 1800 / GSM 1900
  • Dimensións: 109 x 50 x 15 mm – Peso: 112 g
  • Pantalla a cor TFT 16 Millóns de cores (240 x 320 pixeles)
  • Cámara de 2 MP (1600 x 1200 pixeles) con video (30fps) e flash
  • Cámara secundaria VGA para videochamadas
  • Reprodutor de música MP3, AAC e AAC+
  • Xogos java, tonos mp3, fondos de pantalla
  • GPRS, Wap, EDGE, 3G, Bluetooth, USB V2.0
  • Sistema operativo Symbian OS 9.2
  • Mensajes multimedia MMS, Email, SMS y EMS
  • Memoria interna de 80 MB ampliable con microSD TransFlash

Visto en Gizmologí­a. Máis información | Apresentación de Motorola.

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios