Trebellos || Gadgets en galego

Monster iSlimCharger, carga teu iPod Shuffle

Cargador iSlimSe es un dos posuidores dun iPod Shuffle, aí­nda que sexa o bañado en ouro seguro que este novo trebello será de utilidade. O cargador do iPod Shuffle de serie é o cargador que teñen tódolos iPod, consistente nun dock cun cable a un porto USB, polo que ás veces cicais queramos cargalo simplemente a través do porto USB sen usar nengún cable, pois cicais xa teremos suficientes na nosa mesa. E iso é o que permite este pequeno cargador que, enchufado ao porto USB do noso ordenador e sen ocupar moito espazo nos permitirá cargar a baterí­a sen ocupar demasiado espazo e a un prezo bastante razoable, ao redor de 15 dólares. En Trebellos: Cuby, pequenos altofalantes pra o iPod Shuffle En Trebellos: iPod Shuffle de ouro
Ví­a:SlipperyBrick
Máis información: Web oficial do iPod shuffle

Cuby, pequenos altofalantes pra o iPod shuffle

CubySe es un posuidor dun iPod Shuffle de Segunda Xeración, é dicir, dos máis novos, estás de noraboa.

Presentamos hoxe o Cuby, da marca xaponesa Princeton, que non é máis que un pequeno altofalante, alimentado por 3 baterí­as AA, que son innecesarias cando o temos conectado ao PC transferindo arquivos ao iPod, pois aproveita a enerxí­a que transmite o porto USB, algo que é realmente bo.

O Princeton Cuby, que mide 49x49x59 milí­metros, algo realmente pequeno, e pesa 95 gramos vai sair ao mercado o vindeiro mes de Xulio en Xapón a un prezo, ao cambio, duns 30€.

Ví­a: IpodTotal

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios