Trebellos || Gadgets en galego

RCA Jetstream

A idea de empregar un reprodutor MP3 como complemento ideal para a práctica dalgún deporte como o atletismo non é nada novo. Apple e Nike xa levan un tempo comercializando o pack Nike+, que serve para empregar o iPod coma un podómetro. Pero agora, ao pack deportivo Nike+ saiulle un moi duro rival: o RCA Jetstream. Este reprodutor MP3, con 1Gb de capacidade, conta xa coas funcións de podómetro, contador de calorí­as queimadas e calculadora de í­ndice de masa corporal integradas. Especialmente pensado para deportistas, o Jetstream incorpora unha novidosa tecnoloxí­a, denominada Kleer, que permite escoitar as cancións que teñas almaceadas nuns auriculares inarámicos, incluidos de serie. Pode reproducir arquivos WMA, MP3 ou Audible, transferidos grazas á tecnoloxí­a USB de alta velocidade, e tamén se pode escoitar a Radio FM. Dispoñible a comezos de outubro a uns 150 dólares aproximadamente. Ví­a: Gizmos

Time Capsule, copias de seguridade inarámicas

Time Capsule

Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes. Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser de 500GB ou 1TB e a compatibilidade co servizo de copias de seguridade Time Machine, integrado na última versión do sistema operativo da comapañí­a, asegúrase ter sempre unha copia de tódolos arquivos gardados no disco duro do ordenador con tan só un clic. A Time Capsule tamén pode funcionar como estación inarámica, dando servizo a tódolos trebellos inarámicos e mesmo aos ordenadores con Windows, grazas á

tecnoloxí­a 802.11n. A incorporación dun porto USB tamén lle permite funcionar como central para unha impresora en rede. Estará dispoñible en febreiro a 289€ a versión de 500GB e a 489€ a versión de 1TB. Máis información: Time Capsule

O iPhone tamén en Alemaña

iPhone

Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o dí­a no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido.

A versión que se poñerá á venda será a mesma ca no resto de paí­ses, a de 8Gb, a un prezo de 399 euros cun contrato de dous anos coa compañí­a. T-Mobile tamén anunciou que se terán a disposición perto de 20.000 puntos de acceso inarámicos para a conexión a internet.

Steve Jobs está a facer un percorrido por algúns paí­ses europeos. Onte estivo no Reino Unido, hoxe en Alemaña e disque mañá estará en Francia. Teremos mañá novas sobre a distribución francesa do iPhone? Pasará Jobs tamén por España?

Relacionada: iPhone no Reino Unido con O2 o 9
de novembro
Relacionada: Teremos o iPhone en Europa para novembro?
Máis información: Apple

Os xogadores de videoxogos por ordenador (chamados gamers) saben que non sirve calquera rato para xogar. Igual que non sirve calquera ordenador, por exemplo, os portátiles non son moi bos para xogar aos videoxogos. Aí­nda que, últimamente, saen portátiles especiais para xogar a videoxogos.

Razer

Pero… tampouco se pode xogar ben sen un bo rato. Por iso Razer, empresa especializada en ratos, acaba de lanzar un rato especial para gamers e para portátiles.

Trátase do Razer Pro|Click Mobile, un rato pequeno, óptico e inarámico (Bluetooth) e cunha resolución de 1200 dpi (a velocidade do rato).

Poderemos desfrutar del en outubro a un prezo de 36 euros aproximadamente.

Visto en Xataka.
Máis información: Razer.

Sony Rolly, revolucionario robot musical

Sony Rolly

Xa sabí­amos da existencia do Sony Rolly dende hai algún tempo, pero ata o de agora non se coñecí­a ningunha das súas caracterí­sticas. Agora sabemos que o aparello pode funcionar ben como reprodutor MP3 ou como sistema de altofalantes inarámicos.

Como reprodutor MP3 autónomo, dispón dunha memoria de 1Gb, na que se pode almacenar música que o trebello se encargará de reproducir aleatoriamente grazas ós seus altofalantes integrados. Para cambiar de canción ou subirlle o volume é necesario xirar unha parte do robot, porque carece de botóns.

Como comentaba, o Rolly tamén pode servir para ter uns altofalantes inarámicos, xa que grazas a que incorpora a tecnoloxí­a Bluetooth pódese conectar cun ordenador.

Cando reproduce música, móvese e pode facer coreografí­as, configurables dende o PC e tamén dispoñibles en internet.

O trebello poñerase á venda en Xapón o 29 deste mesmo mes a un prezo de 350 dólares.

Ví­a: Xataka

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios