Hipoqih

Ví­a Código Cero coñecemos a Hipoqih, un servizo web que está dando bastante que falar, pois foi nomeado en varios certames da Web 2.0, e mesmo foi obxeto de conferencias en Silicon Valley. Todo feito dende A Coruña, imos explicar de que vai a cousa.

Maxina que es posuidor dun trebello portátil con acceso á rede e que ademáis teña GPS: pode ser un simple portátil (pois tamén permite introducir coordenadas manualmente), unha PDA, unha Blackberry ou unha Smartphone. Pois ben, se baixas o seu pequeno software e o instalas, na web poderás transmitir exactamente onde estás, a través de Google Maps.

Bótase bastante en falla unha versión en galego do servizo, que agardemos que saia cedo. Moi

recomendábel a entrevista, e sorte ao equipo de Hipoqih.

Máis información: Entrevista en Código Cero