Trebellos || Gadgets en galego

Vodafone sacará o Samsung F700

Samsung F700

Fai pouco nos fací­amos eco da semellanza entre o Samsung F700 e o iPhone, e agora voltamos a falar deste terminal pois Vodafone confirma que complementará unha oferta de máis de 25 terminais antes de finais de ano. A verdade que o Samsung F700 supera ao iPhone nalgunhas cousas, pois soporta HSDPA, chegando a velocidades de 7,2 Mbps, ten un tegrado deslizante e cámara de 5Mp. Presentacións de este terminal fan que se descarte aí­nda que sexa un pouco a Vodafone como lanzadora do iPhone en España, cicais tamén en parte porque Vodafone se centra moito no 3G, cousa que non ten o iPhone, e as miradas volten a apuntar descaradamente a Movistar como a empresa que o sacará. Ví­a: MacWorld En Trebellos: Samsung Croix, parecidos razonábeis

Samsung Croix, parecidos razonábeis

Samsung Croix

E non, non é un novo modelo de iPhone, é outro modelo máis dunha marca pra tentar parecerse ao modelo de Apple. Samsung nega que súa intención fose facer un modelo imitando ao iPhone, e nós teremos que pensar ben…

O teléfono, fai meses chamado Samsung Ultra F700 sinxelamente agora se chama Samsung Croix, e pouco máis se sabe del. O sistema de menús do teléfono gañou o Premio de Deseño iF Communication 2007 , polo que ao menos é innovador, ao menos polo que podemos ver na imaxe, dun xeito bastante limpo. En canto teñamos máis información, en Trebellos a teredes.

Ví­a: i4u.com

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios