Se tes un móbil Nokia ten coidado e revisa a súa batería. Verás que na capa principal ten 4 caracteres, se estes caracteres son BL-5C podes ter problemas.
Segundo unha nota de prensa de Nokia estas baterías en raras ocasións poden chegar a explotar ao quentarse demasiado mentres se cargan.
Este problema só afecta ás baterías BL-5C fabricadas por Matsushita entre decembro do 2005 e novembro do 2006 polo que aínda que teñas unha batería BL-5C pode que non teñas problemas. Para comprobalo vai á páxina especial que Nokia sacou polo asunto e introduce no campo de texto os 26 caracteres que hai na capa de atrás da túa batería.
Unha vez introducido ese código a páxina nos dirá se a nosa batería e defectuosa. En caso de se-lo teremos que encher un formulario cos nosos datos para que nos envien unha batería nova de balde.
Segundo Nokia a batería só pode explotar mentres se carga e en moi raras ocasións, aínda así xa houbo rexistradas 100 explosións e hai 46 millóns de baterías que poden explotar.
Polo menos Nokia cambia a batería defectuosa sen cargo algún e da un sobre para enviar de volta a batería defectuosa e así recicla-la correctamente.
Eu mesmo teño a batería do meu móbil (un Nokia N70) defectuosa e agardo que me envien pronto a batería nova, ata entón terei coidado á hora de cargala.
Máis información: Nota de prensa | Battery replacement.