Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns días xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas características, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns días que se anunciou, aínda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentín. Tedes xa os agasallos mercados?

Vía | Applesfera


Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saída Ethernet, saída DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí…

Páxina Oficial | Macbook Air


Wi-Fi Detector Watch, o reloxo dos geeks

Wifi detectorSe es dos que sempre vai co portátil (ou agora xa, teléfono móbil) buscando conexións wifis sen protección este é o teu trebello. O Wi-Fi Detector Watch ademáis de ser un reloxo que dá a hora, ten cronómetro, calendario e alarmas tamén é capaz de detectar as redes wifi. Ademáis amosa o nivel de intensidade do sinal.

Xa non haberá que acender o portátil para buscar redes wifis, con pulsar un botón no noso reloxo xa basta. Se precisas con urxencia dun ponto de acceso wifi sen contrasinal e sen ningunha medida de seguridade para poder ler o correo electrónico que agardabas ou enviar un importante e-mail, con este reloxo non terás que gastar batería acendendoo e buscando redes por aqui e por acolá. Pulsas un botón e ves todas as redes wifi… moveste un pouco e volves a pulsar. Así ata que atopas unha rede wifi libre e acendes o portátil.

Este pode ser o teu agasallo de nadal por algo máis de 20 euros.

Visto en Gadgetizer.
Máis información: ThinkGeek.


Unha TV no baño

Qué tal tomar un baño relaxante mentres miramos a nosa serie ou o noso programa de televisión favorito? Agora se pode grazas á empresa Evergreen que lanzou ao mercado por uns 230 euros aproximados a EG-FTV71S, que non ven sendo outra cousa que unha televisión de 154×200×38 mm, con autonomía para 4 horas e que ademáis é resistente á auga… ou water resistent como poñen os reloxios.

TV

Visto en Gizmlogía.


Nunca máis te queimarás a boca con esta taza

Esta taza ten grande utilidade, sirve nada máis e nada menos para evitar que nos queimemos a boca ao beber un café moi quente, por exemplo.

On Off mug

Grazas a uns pigmentos que ten a taza, cando vertemos dentro un líquido quente a taza pónse de cor branca e lése a palabra ON, cando vai enfriando vai cambiando de cor cara o negro e leráse a palabra OFF.

Así de sinxelo e útil por 16 euros, aínda que é posible que atopes tazas deste estilo por 3 euros nalgúns todoacien de toda a vida.

Visto en Gizmodo.
Máis información Charles & Marie.


Mini-lentes para as cámaras compactas (ou móbiles)

Todos sabemos que as cámaras fotográficas compactas non son cámaras profesionais e por iso apenas teñen accesorios.

minilentes

Agora podes mercar uns filtros para que as túas fotografías saian con efectos curiosos. Son as Jelly lenses, unhas mini-lentes para cámaras compactas ou teléfonos móbiles. Hai un total de 3 lentes a aproximadamente 4 euros cada unha e tamén se pode mercar o pack das 3 por uns 12 euros.

Xa non hai excusa para non sacar fotos divertidas coa túa cámara.

Visto en Xátaka Foto.
Máis información: The Container Store.


USB Media Remote e o Play Seat Evolution

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns.

O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas películas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka.
Máis información: USB Geek | Akihabara News.


Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia N82

Nokia amplía a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de características semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia.
Conta cunha cámara de 5 megapíxeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A conectividade está asegurada, xa que incorpora tecnoloxía HSDPA, bluetooth e soporte WiFi. Tamén dispón da tecnoloxía GPS, aprobeitable grazas á aplicación Nokia Maps, integrada de serie no seu sistema operativo, Symbian OS 3ª edición. Para almacenar tódolos arquivos conta cunha memoria interna de 100MB e lector de tarxetas MicroSD.
O seu prezo ronda os 450 euros.

Máis información: Nokia

HP TJ8300

Aínda que non está enfocada ao uso doméstico, a HP TJ8300 destaca polas súas impresionantes proporcións.
O seu deseño é semellante ao de calquera impresora de inxección de tinta compacta, pero este modelo ten perto de dous metros de alto e pesa unhas tres toneladas. Está deseñada para a impresión de todo tipo de publicidade en diferentes soportes flexibles como o PVC ou o vinilo, e é capaz de imprimir 400 m2 nunha hora.
Como curiosidade, dicir que os cartaces do festival de Cannes foron impresos en impresoras coma estas.

Máis información: HP


Novo chip para piratear xogos da Nintendo Wii

Wii chip

Está algo revolucionada estes días a comunidade de xugóns da Nintendo Wii (que non é pouca, entre eles Iago), pois o chipset D2C na Nintendo Wii foi pirateado. Un novo producto chamado o “Wii D2C Modchip Actel” semella que vai usar esa vulnerabilidade atopada, e que vai ser lanzado en breve en Europa.

Mais, non está perfeccionado totalmente. Primeiro, só funcionan sen ningún problema o 80% dos xogos de rexión protexida. O 20% restante funciona, mais hai que soldar 30 patillas para xuntar ben o chip coa consola, o que inutilizaría a garantía.

O 8 de Outubro sae á venda o chip por 37 euros. Certamente, aínda podedes ver que non é algo perfeccionado, mais debería ser considerado un paso de xigante máis ata o intre no que se poida facer sen moito problema.

Iso si, nós só informamos, se queres tocar as entrañas da túa consola e non funciona, non é cousa nosa…

Vía: MaxConsole


Asus U1E, un auténtico portátil ultralixeiro

Asus U1E

Asus ven de presentar un portátil que fai honra ao nome, pois conta cunha pantalla de 11.1 pulgadas e se reduce o peso a algo menos dun quilo, certamente lixeiro.

Se o abrimos atopamos un procesador Intel Core Duo, 2Gb de Ram, disco duro de 100Gb, gravadora dvd externa e conectividade Wi-Fi e Bluetooth.

Destaca tamén a batería, de 3 celdas, puidendo mercar unha de 6 celdas para conseguir autonomía de 6 horas. Sae á venda por 1999 euros o vindeiro mes.

Vía: Engadget


Posteriores entradas »