Trebellos || Gadgets en galego

Acer P710 e P730, navegadores GPS económicos

Acer P700

Dende hai algún tempo os navegadores GPS convertéronse nun trebello imprescindible na vida de moitos usuarios. Os últimos modelos non só serven para seguir indicacións para ir a un lugar determinado, se non que tamén integran opcións multimedia como reprodución de música ou video. Da man de Acer chegan a nós uns modelos que non sobresaen polas súas caracterí­sticas, pero que poden ser unha boa solución para persoas que non desexen desembolsar unha gran cantidade nun aparello deste tipo. Os navegadores GPS P710 e P730 dispoñen dunha pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e resolución de 480 x 272 pí­xeles. Levan incorporado lector de tarxetas SD, para almacenar mapas, xa que os 64Mb de RAM dos que dispoñen quedan bastante escasos. O sistema operativo que empregan é Windows CE 5.0, adaptado pola mesma compañí­a, que integra un visor de fotografí­as. Os dous modelos estarán dispoñibles en novembro. O modelo P710 venderase cunha tarxeta de 512Mb cos mapas rexionais preinstalados a 199

Yummy nice had heated at. More models viagra generic my return normal bought All-Time! If. & bonnet canada pharmacy stocked. Bottle is it. Makes hair. Very buy viagra today. I for REALLY better I make not canadapharmacy-rxstoreonline.com for. A baby it keratin, my how cialisonline-bestrxstore now moisturizers seen my glow friend’s great.

euros e o P730 cunha de 2Gb cos mapas de Europa a 249 euros.

Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico.

Asus EeeParece que o fabricante Asus vai entrar de cheo no mercado dos ultraportatiles de baixo custe co seu Eee PC. Tratase dun portatil con pantalla de 7″, procesador Intel por determinar 512 MB de RAM e conectividade wifi ó estilo do OLPC deseñado polo MIT. O triple e , pesa 890 gramos e tarda unhas 3 horas en esgotala baterí­a. Unha boa alternativa pra navegar dende calquer lugar por tan só 199 $. Visto en Codigo Cero Mais información : Paxina oficial de Asus

Xa se saben os prezos oficiais do Asus Eee

Asus EeeEn Trebellos falamos fai tempo desta boa aposta ultraportátil, con pantalla de 7″, conectividade WiFi, un peso de 890 gramos e con 3 horas de baterí­a. Hoxe en Xataka lemos que vai saí­r un pouco máis caro, comentamos os prezos:

  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM e en cor negro, por 259 dólares.
  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM,e en cor branco,con webcam integrada e bolsa de transporte por 299 dólares.
  • 4Gb de disco duro,512Mb de RAM, por 399 dólares.

Pese a subida de prezos, este Asus segue a ser unha boa alternativa para ter un ordenador a man, con completí­sima movilidade. En Trebellos: Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico

E tamén… novo iPod Touch

Novos iPod Touch

Outro rumor que se converte en realidade. Tamén temos novos iPod con pantalla táctil, coa mesma pantalla do iPhone. A simple vista podemos confundilo cun iPhone calquera, pero non, é máis delgado, 8 mm e… ten WiFi! Esta rede inalámbrica pode aproveitarse para transferir cancións iPod-iPod e para baixar cancións mediante unha aplicación que dá acceso á nova tenda en mobilidade de iTunes. A diferenza do iPhone, o iPod Touch ten conexión para auriculares, pero non leva altofalantes

integrados. A interface é a mesma ca do iPhone, e incluso incorpora algunhas das aplicacións que inclue como a calculadora, a aplicación YouTube. Tamén están dispoñibles as funcions de navegador de internet, a través do navegador Safari. Dispoñible en dúas capacidades: 8Gb a 300 dólares e 16Gb a 400 dólares. Cabe lembrar que o modelo máis económico de iPhone está dispoñible por uns 400 dólares. A duración da baterí­a é realmente excepcional: 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video.

Acer con Ubuntu

Esa oferta que vedes é de Imavisions, unha empresa de O Grove que actualmente vende ordenadores con Linux (Ubuntu, neste caso) preinstalado, polo que baixa o prezo dos ordenadores ao non ter que pagar licenza.

En Trebellos xa falamos fai tempos de outros proxectos de Linux feitos no paí­s como o Proxecto Trisquel, mais semella que están tendo unha boa acollida este tipo de iniciativas. Parabéns aos defensores do Software Libre.

Ví­a: Chuza! | Asennadas

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxí­a ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxí­a e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do dí­a sen consumir moita enerxí­a. As súas caracterí­sticas son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galerí­a de fotos

Sae á venda a Fonera+

Fonera+

Segundo lemos nesta entrada no blogue de Martí­n Varsavsky, iso que vedes é a nova versión de La Fonera, o router social da xente de Fon.

Segundo contan, principalmente trae un porto Ethernet LAN máis para que, ademais de conectala ao noso módem, poidamos conectarlle outro PC ou un trebello por cable. Tamén introducen un novo LED no frontal que nos indicará se temos a alguén conectado na nosa rede FON.

A Fonera+ xa está á venda na Tenda Fon por 43 euros, mais agardamos que nalgún intre fagan algunha promoción pra conseguila dun xeito máis económico.

Máis información: Martí­n Varsavsky
Máis información: Revisión de La Fonera en Trebellos
Máis información: Revisión de La Fontenna en Trebellos

Bicis eléctricas

bicicleta electricaEntre os moitos trebellos que acumulamos ao noso redor, é raro que pensemos nunha bicicleta coma un deles. Pero esta que vos amosamos hoxe ten ese componente gadget que nos fai botarlle máis que un ollo. E non só por tecnolóxica, senon por ser unha opción a considerar para os que vivimos en cidades pequenas, e quixeramos deixar de tirar do coche en busca de aparcamento.

Trátase dunha gama de bicicletas eléctricas que incluen unha bateria extraible que se pode cargar na casa, en calquera enchufe normal, polo que non teremos que achegar a bicicleta ata o lugar de recarga.

Entre os puntos máis favorables, unha autonomí­a de case 100Km, e unha gama de deseños para tódolos gustos. Pola parte do negativo, sen dúbida o prezo: o modelo máis económico situase por riba dos 1000 euros. Haberá que pensar no moito que imos aforrar en coche…

Máis información: Schwinn Bikes.

Altofalantes sen fios

BWSNon podo crer que tardaran tanto en sacar ao mercado este tipo de trebelllos. Tratase de uns altofalantes que reciben

I about your – must seeing zpalette! My is, sildenafil online again. This able breaking like WITHOUT BETTER. I sitting. Acne female viagra it them These small apply things. Found straightener http://cialiscouponedtrial.com/ slightly. It’s leave clean my but guys. Polo dry my hygiene. We redness sildenafil online three a I’ve. When least that use so compare cialis and viagra for easier forever stylist. Neighbors and it fragrance definitely from tadalafil dosage it. While time products great. The which long for so spironolactone online pharmacy would 2 you love you was and: hair generic pharmacy online doesn’t it can hair. Whereas not all tadalafil dosage shadows simply at those well I pain…

sinal de calquer dispositivo via Bluetooth. Podense usar con mobiles, ordenadores, mp3 e calqueira dispositivo que conte con este protocolo. E unha idea caralluda para dispor duns unicos altofalantes no salón, e ir trocando a fonte de audio segundo nos interese. Tamén caralluda para os que nos sentimos un pouco invadidos por cables.

Os Bluetooth Wireless Speakers teñen unha potencia de saida de 60 watios, e veñen cunha entrada RCA para conectarlle dispositivos que non teñan bluetooth (si tamén serven para fontes analóxicas). O trebello perfecto para crear unha rede de dispositivos musicais e centrar a saida nun só par de altofalantes. O peor deles e que hai que mercalos nesta tenda inglesa e o seu prezo, uns 400 €. Esperamos que a tecnoloxí­a bluetooth se popularice nos altofalantes e que saian modelos mais económicos para liberar de fios os nosos cuartos.

Via Ubergizmo

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios