Trebellos || Gadgets en galego

Sony a700

Sony ven de presentar unha nova cámara DSLR, a α700, unha cámara bastante interesante para quen queira profundizar nas réflex. A cámara da que falamos ten un sensor CMOS Exmorâ„¢ de 12.24 megapí­xeis, un corpo de magnesio e aleación de aluminio refozado, unha pantalla LCD de 3″”, AF de 11 puntos, posibilidade de tirar fotos a 5FPs, e posibilidade de almacear fotos tanto en Compact Flash como en Memory Stick. Ademais, como soe ser normal en Sony, ten unha saí­da HDMI de Alta Definición, pra poder ver as fotos nun ordenador ou televisor compatí­bel.Outra das cousas polas que destaca este trebello é por ter un sensor Exmorâ„¢, que grazas ao motor de procesamento BIONZ de gran velocidade permite reducir o ruido nas fotos sen procesar antes da codificación. Esta cámara se venderá a partir de Outubro a aproximadamente 1200 dólares (só o corpo), en sonystyle.com e en distribuidores autorizados.

Sony Cyber-shot DSC-H3

Se ben estes dí­as o mundo da fotografí­a anda revolucionado pola saí­da das novas cámaras de Canon, o xigante Sony non se queda atrás e saca algún modelo interesante pra o público. A nova Cyber-Shot DSC-H3 trae un sensor de 8 Megapí­xeles, un moi bo zoom óptico Carl Zeiss de 10x, unha sensibilidade ISO de ata 3200 e, como soe estar sucedendo cos últimos lanzamentos de esta marca, a posibilidade de sacar as fotos a un monitor de 1080p coa alta definición, mercando o cable da compañí­a, que custa sobre 30 euros. Esta cámara ten un prezo de saí­da

de 300 dólares, que non está moi mal pra a lente que trae e o bo zoom, á venda a partir de hoxe nos Estados Unidos. Ví­a: Akihabara News

Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o dí­a con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o dí­a, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saí­da ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicí­a destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis fí­sicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapí­xeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony

Canon EOS-1Ds Mark III

Canon EOS-1Ds Mark III

Canon ven de presentar varias cámaras hoxe, que iremos comentando pouco a pouco en Trebellos ao longo de esta semana, comezando pola que cicais montase máis rebumbio pola cantidade de rumores, a nova Canon EOS-1Ds Mark III. Esta cámara inclúe un sensor CMOS de 21,1 megapí­xeis (liches ben, 21 megapí­xeis), unha pantalla de 3″ LCD, un sistema integrado pra limpiar a suxedade no sensor, 45 puntos de enfoque e unha velocidade de 5 capturas por segundo pra sacar fotos en formato JPEG e sRAW e poder almacealas en tarxetas SD, SDHC ou CompactFlash. Máis información: Canon

Guitar Hero DS

Curioso este trebello cando menos. Se ben aí­nda é un rumor a partir dunha entrevista, o cofundador da marca de accesorios pra consolas e videoxogos RedOctane suxeriu que o Guitar Hero III pra a Nintendo DS deberí­a levar un control que fose unha guitarra pra facelo funcionar á perfección. Ademais, Charles Huang suxeriu que están vendo o xeito de meter periféricos pra a Nintendo DS, o que serí­a algo fantástico á vez que algo extraño, pois nós ao menos non nos maxinamos un control de guitarra tan pequeno, ¿serí­a cómodo? Ví­a: Engadget Máis información: RedOctane

Sony DSC-T5O xigante nipón Sony ven de anunciar que retira do mercado e recollerá as cámaras DSC-T5 dos usuarios que as mercaron, pois a Cybershot DSC-T5 está mal rematada e os seus bordes poden dañar ou cortar a man das persoas que intenten sacar unha foto, algo realmente tremendo. Non sei se algún lector ou lectora de Trebellos xa terá algún corte na man por culpa da cámara, mais sabemos que, como era de agardar, este modelo está en todo o mundo, concretamente 66.000 xa no paí­s nipón, e o resto repartido entre Asia, América, Europa e Oceaní­a, todo un erro que pode ter consecuencias negativas na marca.

Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Yahoo

NDS bateria

Se tes unha unha Nintendo DS Lite e tes medo de que nas vacacións se che agote a baterí­a e non poidas xogar, non te preocupes, este trebello ten a solución.

O Battery Pack para a Nintendo DS permite obter 40 horas de baterí­a adicionais, o que o fai casi un trebello indispensáble para os teus viaxes se é que tes unha Nintendo DS. O trebello engánchase debaixo da baterí­a portátil e funciona con pilas AAA. Pódese mercar en España en tendas on-line e o seu prezo é algo menor aos 15 euros.

Cal é a pega? Que esta expansión da baterí­a fará que a túa Nintendo DS sexa o dobre de grande e se cadra algo incómoda, pero se tes que viaxar e serache difí­cil atopar un cargador, esta é unha boa solución.

Visto en
íœbergizmo.
Máis información:
Búsqueda en Google.

DSiPCada vez máis os móbiles estánse a convertir en consolas portátiles xa que o número de videoxogos para móbiles é cada vez maior. Agora parece que as consolas portátiles estánse a achegar aos móbiles.

Grazas a DSiP, os posuidores ou futuros posuidores dunha Nintendo DS, a consola portátil que triunfa no mercado, poderán disfrutar das vantaxes que a VoIP brinda podendo chamar a calquera teléfono se estamos conectados a unha rede wifi. Ademáis a Nintendo DS xa conta con micrófono, altavoces e conexión wifi polo que non fai falla ningún trebello adicional, tan só o software de VoIP que se preve que será gratuito.

O programa usará o protocolo SIP que é o máis usado nas redes abertas de VoIP, polo que para usalo teremos que ter unha conta SIP que nola dará o noso ISP. A primeira versión beta do programa sairá o próximo mes de xuño e aí­nda non se saben os prezos das chamadas, pero prevese que serán baratas (como xa fan os outros programas VoIP existentes) se chamas a un número nacional e gratuitas se chamas a outro programa de VoIP.

Visto en Xataka.
Máis información: Blog oficial DSiP.

Nova Sony Cyber-shot DSC-S800

SonyDSCS800A nova Sony Cyber-shot DSC-S800 acaba de sair ao mercado europeo. A principal novidade desta pequena camara dixital e a de contar cun zoom optico de ata 6 aumentos, o que convirte o seu obxetivo nun dos mais polivalentes do mercado. Esta camara abarca os rangos de focais dente 37 mm ata 222 mm, toda unha proeza para unha camara tan pequena. O resto da camara segue a filosofí­a marcada por Sony, dominada pola facilidade de uso e o seu gran LCD de 2.5″. O sensor empregado, de 8,1 Mpixels permite disparar ata 1250 ISO moi util en condicions de pouca luz. O almacenamento empregado e o propietario de Sony, e dicir, Memory Stick.

Ten moi boa pinta esta camara, ainda que sospeitamos que o seu prezo non será dos mais axustados da gama, coma a maiorí­a dos productos Sony. A súa saida está anunciada para finais do mes de Maio, esperaremos ata entón para confirmar estas impresions.

Nota de prensa Sony Europa

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí­ agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns dí­as, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saí­da ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos paí­ses que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns dí­as xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas caracterí­sticas, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns dí­as que se anunciou, aí­nda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentí­n. Tedes xa os agasallos mercados?

Ví­a | Applesfera

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios