Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

iMirror, un dock para iPod con control sen fíos

iMirror

Eu, que son posuidor dun dos chamados dock con altofalantes pra o iPod, teño o problema sempre que teño que estar ao carón se quero modificar de canción. Isto se soluciona co iMirror, un dock pra o iPod con control remoto sen fíos, que ten unha pantalla LCD cunha interfaz pra seleccionar o que queramos escoitar a distancia.

O límite de distancia pra comunicarnos co mando é de 150 pies de distancia, e ten unha batería de litio que podemos recargar ao poñela no dock. Ademais, a base inclúe conexións S-Vídeo, RCA, audio 3.5mm e mini USB pra sincronizar.

O iMirror funciona cos iPod nano (1G e 2G), iPod (4G e 5G) e ao Mini tamén. O prezo de venta é de 150 dólares e sairá a venda no vindeiro mes de Septembro.

Máis información: iMirror
Vía: iPodTotal


Monster iSlimCharger, carga teu iPod Shuffle

Cargador iSlimSe es un dos posuidores dun iPod Shuffle, aínda que sexa o bañado en ouro seguro que este novo trebello será de utilidade.

O cargador do iPod Shuffle de serie é o cargador que teñen tódolos iPod, consistente nun dock cun cable a un porto USB, polo que ás veces cicais queramos cargalo simplemente a través do porto USB sen usar nengún cable, pois cicais xa teremos suficientes na nosa mesa.

E iso é o que permite este pequeno cargador que, enchufado ao porto USB do noso ordenador e sen ocupar moito espazo nos permitirá cargar a batería sen ocupar demasiado espazo e a un prezo bastante razoable, ao redor de 15 dólares.

En Trebellos: Cuby, pequenos altofalantes pra o iPod Shuffle
En Trebellos: iPod Shuffle de ouro

Vía:SlipperyBrick

Máis información: Web oficial do iPod shuffle


Philips BTM630, música por Bluetooth

Philips BTM630Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fíos a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630.

Con el teremos bastante conectividade, pois pode ler CD, MP3-CD, WMA e todo isto a través, por exemplo, dunha unidade flash USB ou dunha tarxeta de memoria. E tamén, aí súa innovación, permite reproducir a música a través de Bluetooth, polo que poderemos escoitar polos altofalantes o que emita un dispositivo con Bluetooth, como un teléfono móbil ou unha PDA.

Inclue tamén sintonizador AM/FM, o famoso dock pra iPod e 8 adaptadores pra que sirvan prácticamente tódolos modelos de mp3, así como función USB pra levar a música dende o MP3 que teñamos conectado ao PC, moi boa impresión, de veras.

O BTM630 sairá en Agosto a un prezo de 199 dólares
, non demasiado excesivo pra tódalas funcionalidades que trae.

Máis información: Philips


Shanling MC-30, amplificador de válvulas pra o iPod

Shanling MC30

O Shanling MC-30 Music Center é un dock onde podemos facer soar o noso iPod mais coa funcionalidade extra de ter incluído un amplificador de válvulas.

O amplificador ten unha carcasa de aluminio con luces LED que faino bastante atractivo, mais non é apto pra tódolos bolsillos, pois a grande calidade dos amplificadores deste tipo se paga ben, neste caso ao redor de 1.000 dólares.

O Shanling MC-30 Music Center ademais ten un reproductor pra CD, radio AM/FM e 3 watts de potencia por canle.

Visto en: Digital Drops
Máis información: Sitio oficial


Keynote WWDC´07, que ben o pasan os rapaces de Apple

keynotePois hoxe houbo keynote dentro da conferencia mundial de desenvolvedores de Apple. Logo da gran expectativa creada oredor desta presentación (que si macultraportatiles, que si novos imac) non houbo ningunha presentación de trebellos. Como era de esperar nunha conferencia de desenvolvedores, presentaronse novidades técnicas que veremos nos nosos macs a medio prazo.

  • Presentación de novas características de Leopard: novo iChat, novo dock, widgets, spaces, quick look todo baseado en Core Animation… ! A de Dios!. Leopard a partires de Outubro por 129 $.
  • Terceiros desenrolaran aplicacións para o iPhone (a traves de Safari).
  • Novo Safari 3 con !Beta para Windows!!
  • Xogos no Mac. EA e ID software presentan os seus xogos para Mac. En Xullo, Command & Conquer, Need for Speed e Battlefield.

    O que demostra que nesto dos Macs, as apostas non son doadas de gañar .


  • Philips AJ300D, altofalantes, radio, espertador e dock pra o iPod

    Dock pra o Ipod

    Esto que vedes o podería calificar de auténtico centro multimedia pra o iPod.

    Seu nome é Philips AJ3000D e pode usarse ademais cos MP3 Go Gear de Philips. Os altofalantes son de 6W, ten radio AM/FM e só custa 80 dólares, na miña opinión asequíbel pra un trebello de este tipo.

    Ademais de esquecernos de ter xa unha radio na nosa habitación, podemos usalo perfectamente como se de un equipo estéreo se tratase, pois conta ademais cun mando a distanza pra manexalo, cousa bastante comúns nos docks pra o iPod.

    Via: Xataka


    Docks para iPod

    Altec O trebello que mais accesorios ten do mercado, e sin dubida o iPod. E nos últimos tempos proliferan ainda mais os docks, ou anclaxes, para este reproductor que aumentan as súas posibilidades.

    Griffin é unha marca de reconocido prestixio dentro dos accesorios para iPod. Acaba de sacara ó mercado dous docks. Amplifi, e un modelo que se asemella bastante ó iPod HiFi, pero que custa a metade e leva unha roda na parte dianteira que o fai moi atractivo. Journi e un dispositivo mais portable que funciona con pilas ou polo porto USB a un prezo de 130$.

    Para os mais esixentes coa calidade de son, Sierra comercializa uns altofalantes con amplificador incorporado de 50 W aos que se lle pode enchufar un iPod. O seu prezo é de 350$.

    Pero sin dubida, o que mais chama a atención e o dock para iPod de Altec iMV712 que dispón dunha pantalla de 8.5″ para poder visualizar os teus videos favoritos almacenados no iPod 5G. Custa sobre 350$.

    Visto en Electronista | Appleweblog | Applesfera