Trebellos || Gadgets en galego

Meizu M7, outro competidor ó Ipod touch

meizu m7

O outro dí­a xa falamos do meizu m8 e agora nos chegan novas de meizu sobre o modelo m7, como podemos observar na imaxe, outra réplica do ipod touch. A continuación as súas caracterí­sticas principais:

  • Pantalla táctil de 2,8″ e resolución de 480 x 288 pí­xeles.
  • Compatibilidade con ví­deo H.264 con unha resolución máxima de 720í—480 pí­xeles, a 30fps DivX, XviD e saí­da de televisión.
  • Dispoñible en capacidades de 2gbs, 4gbs e 8gbs con prezos comprendidos entre 71€ e 107€.
  • Polo momento non sabemos se terá conectividade wifi nin bluetooth, cousa que non podemos descartar.
  • Medidas de 48 x 89 x 7.3 mm
  • Estará dispoñible a finais de 2008. Visto en: Xataka

    Creative ZEN, a polos iPod

    Creative ZEN

    Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografí­as, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.

    Ademáis de reproducir video e

    fotografí­as, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non poderí­a faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.

    Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.

    Máis información: Creative

    dvico
    O fabricante coreano Dvico, ven de sacar ao mercado un interesante trebello dentro da súa gama Tvix. Tratase do Dvico Tvix HD, un disco duro multimedia con capacidade para almacenar peliculas en HD e reproducilas nun televisor. Soporta os codecs WMV HD, Divx HD e MPEG 2TS cunha saida DVI con máxima resolución a 1080 dpi.

    O trebello estará dispoñible a un precio de 229 $ sen disco duro, un prezo algo elevado que esperemos baixe co tempo.

    Visto en Engadget

    Apple TV

    AppletvXa sexa coma un fracaso ou coma un éxito, un dos trebellos do ano será sen dubida o Apple TV por todo o que deu que falar (e o que dará!). Apple TV e o novo produto de apple que nos permite visualizar o contido dos nosos ordenadores nunha televisión. Para iso, sincroniza a traves da rede (xa sexa wifi ou ethernet) co iTunes da nosa máquina e garda os contidos nun disco duro propio de 40 Xb para reproducilos na tele do salón.

    Continúa lendo »

      
    descarga o widget de trebellos.org

    Últimos comentarios