Trebellos || Gadgets en galego

CMPXa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns dí­as falabamos dunha memoria con este aspecto, hoxe tocalle o turno a un reproductor mp3 que semella unha antiga cinta de cassete. O trebello ten dúas funcións, por un lado serve coma un reproductor de mp3 convencional grazas ó uso de tarxetas Secure Dixital, e por outra banda serve para escoitar dende calquer reproductor de cassete como a o do coche ou unha vella cadea musical.

Como reproductor, ten unha interfaz de 7 botons e pode ser recargado con transformador ou ví­a USB. Como adaptador pra cassete, chega con introducilo e dalle ó play, claro que non poderas avanzar rapidamente polas cancións. O Cassete MP3 player estará dispoñible pronto.

Visto en Digital Drops

Mais información : Páxina do produto

Mix Tape USB facendo recopilacions coma antes

mix tape USB Se eres dos nostálxicos que botas de menos grabar recopilatorios en cintas cassete para regalarlle ós teus amigos, estas de sorte xa que SUCK UK lanzará o mes que ven unha memoria USB que ven nun estuche de cinta cassete coma nos vellos tempos, pra poder grabarlle as nosas cancions favoritas e escoitalas no noso ordenador cun comodo look a cassete antiguo. Si botas de menos facer cintas gravadas, este trebello volverache a ilusión. Só nos falta saber o prezo pra saber se o invento e rentable ou non. Visto en : Digital Drops Mais información : SUCK UK

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios