26 Aug
Escrito por Juan Milleiro en Periféricos, Son
Xa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns días falabamos dunha memoria con este aspecto, hoxe tocalle o turno a un reproductor mp3 que semella unha antiga cinta de cassete. O trebello ten dúas funcións, por un lado serve coma un reproductor de mp3 convencional grazas ó uso de tarxetas Secure Dixital, e por outra banda serve para escoitar dende calquer reproductor de cassete como a o do coche ou unha vella cadea musical.
Como reproductor, ten unha interfaz de 7 botons e pode ser recargado con transformador ou vía USB. Como adaptador pra cassete, chega con introducilo e dalle ó play, claro que non poderas avanzar rapidamente polas cancións. O Cassete MP3 player estará dispoñible pronto.
Visto en Digital Drops
Mais información : Páxina do produto
Se eres dos nostálxicos que botas de menos grabar recopilatorios en cintas cassete para regalarlle ós teus amigos, estas de sorte xa que SUCK UK lanzará o mes que ven unha memoria USB que ven nun estuche de cinta cassete coma nos vellos tempos, pra poder grabarlle as nosas cancions favoritas e escoitalas no noso ordenador cun comodo look a cassete antiguo. Si botas de menos facer cintas gravadas, este trebello volverache a ilusión. Só nos falta saber o prezo pra saber se o invento e rentable ou non. Visto en : Digital Drops Mais información : SUCK UK