Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

O Mac Pro máis caro

Agardando a que chegue a MacWorld 2008 onde Apple nos amosará un novo trebello ou ordenador revolucionario podemos xogar coa Apple Store, do mesmo xeito que fixeron os microsiervos.

Imos calcular o ordenador máis caro que podemos mercar na Apple Store española:

Mac Pro

  • 2 Quad-Core (8 núcleos en total) Intel Xeon de 3,2 GHz cada un
  • 32 GB de memoria RAM
  • 2 pantallas planas de 30 polgadas Apple Cinema HD Display
  • NVIDIA Quadro FX 5600 1,5 GB GDDR3
  • 2 discos duros de 1 TB (2 TB en total) a 7.200 rpm Serial ATA 3 Gb/s
  • 2 discos duros 300 GB (600 GB en total) a 15.000 rpm SAS 3 Gb/s
  • 2 unidades CD/DVD SuperDrive 16x
  • Tarxeta Wi-Fi: AirPort Extreme Card
  • Apple USB Modem
  • Tarxeta Quad Channel 4 GB Fibre Channel PCI Express
  • Tarxeta Mac Pro RAID
  • 2 portos FireWire 400
  • 2 portos FireWire 800
  • 5 portos USB 2.0
  • Tecrado sen fíos Apple
  • Rato sen fíos Mighty Mouse
  • AppleCare Protection Plan para Mac Pro

Todo isto por 22.222 eurazos (IVE incluido). Só apto para os geek maqueiros que lles tocou a lotaría no sorteo de nadal.

Visto en Microsiervos.
Máis información: Apple Store España.


Xa se saben os prezos oficiais do Asus Eee

Asus EeeEn Trebellos falamos fai tempo desta boa aposta ultraportátil, con pantalla de 7″, conectividade WiFi, un peso de 890 gramos e con 3 horas de batería.

Hoxe en Xataka lemos que vai saír un pouco máis caro, comentamos os prezos:

  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM e en cor negro, por 259 dólares.
  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM,e en cor branco,con webcam integrada e bolsa de transporte por 299 dólares.
  • 4Gb de disco duro,512Mb de RAM, por 399 dólares.

Pese a subida de prezos, este Asus segue a ser unha boa alternativa para ter un ordenador a man, con completísima movilidade.

En Trebellos: Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico


Sony chama a fábrica a 350.000 cámaras DSC-T5

Sony DSC-T5O xigante nipón Sony ven de anunciar que retira do mercado e recollerá as cámaras DSC-T5 dos usuarios que as mercaron, pois a Cybershot DSC-T5 está mal rematada e os seus bordes poden dañar ou cortar a man das persoas que intenten sacar unha foto, algo realmente tremendo.

Non sei se algún lector ou lectora de Trebellos xa terá algún corte na man por culpa da cámara, mais sabemos que, como era de agardar, este modelo está en todo o mundo, concretamente 66.000 xa no país nipón, e o resto repartido entre Asia, América, Europa e Oceanía, todo un erro que pode ter consecuencias negativas na marca.

Vía: Gizmología
Máis información: Yahoo


Chegan os discos duros de 2′5 con 300 Gb

HD 2'5Andrés Milleiro nos comentaba que os discos duros de 2′5 polgadas, os máis pequenos, só chegaban a ter unha capacidade de 120 Gb aproximadamente. Iso era antes. Este mes sairon novos discos duros (ou discos ríxidos, como prefirades) de 2′5 polgadas e cunha capacidade de 300 Gb.

Este tipo de discos duros como xa diciamos en Trebellos.org teñen o tamaño físico da palma dunha man pero o seu tamaño virtual era tan só de 120 ou 200 Gb aproximadamente. O que os convertía na mellor opción á hora de mercar un disco duro para levar dun lugar a outro, pero non na mellor opción á hora de mercar un disco duro portátil para almacenar ficheiros. Este tipo de discos duros so precisan dunha conexión USB, xa que dende o cable USB transfiren tanto datos coma electricidade.

Por 170 € temos o disco duro de Fujitsu, unha boa marca que ademáis de ofrecernos 300 Gb nos ofrece tamén unha velocidade de 4.200 rpm e un sistema anti-golpes. É o da primeira imaxe.

Os dous díscos duros da última imaxe son os da compañía Buffalo (de Xapón) que se venden por 230 €. Algo máis caros que os de Fujitsu pero que teñen a mesa funcionalidade e capacidade.

HD 2'5

Os discos duros de 2′5 polgadas son máis pequenos que os normais (de 3′5 polgadas), agora teñen a mesma capacidade virtual o que, nun principio, fai pensar que son mellores os de 2′5 pero a gran diferenza entre os dous tipos de discos duros é o seu prezo, os de 2′5 son moito máis caros que os de 3′5, polo que á hora de mercar un disco duro hai que ter moi claro para que o queremos e que caracteristicas (tamaño?) precisamos que teña.

Visto en Engadget e en Akiahabara News.


Comeza a distribución do Nokia N77

Nokia N77

Fontes da marca finesa de telefonía Nokia indicaron que en breve vai comezar a distribución do Nokia N77, un terminal presentado na feria 3GSM en Barcelona fai uns meses. Asemesmo, indicaron que a distribución comezará por Finlandia, continuando por Vietnam e India.

Pra quen nunca escoitase falar deste terminal, o Nokia N77 ten unha pantalla realmente grande, de 2,4 pulgadas, dous altofalantes estéreo de alta calidade xunto co xa case tradicional reproductor mp3, cámara de 2 megapíxeles e sobre todo a posibilidade de ver programas de televisión grazas á tecnoloxía DVB-H. Comentar respecto a esto último que esta tecnoloxía non ten demasiado que ver coa posibilidade que dan algúns operadores como Vodafone de ver a TV no teléfono, é unha televisión con máis calidade.

Na miña opinión, temos ante nós a un completo terminal multimedia, se ben na miña opinión fáltalle algo de conectividade pra ser un superterminal como por exemplo a conectividade sen fíos do Nokia N80.

Máis información: Páxina do producto


Lector de pegadas dactilares USB a bo prezo

Finger PrintDun tempo a esta parte se veu falando da seguridade nos sistemas informáticos, nos que xa só o contrasinal non era sinónimo de protección ao cen por cen, e se buscaron outros sistemas, como pode ser a lectura da pegada dos nosos dedos.

Como soe pasar coa tecnoloxía, os prezos soen ir diminuindo a medida que as vendas aumentan, polo que, como neste caso, chegan a prezos asequíbeis pra o mercado, tendo este lector de pegadas dactilares vía USB por tan só 25 dólares.

O Hyundai USB Fingerprint permite autentificar ao usuario en Windows, a servizos web ou acceder a determinadas zoas. Mide 49×38,5×10 milímetros, o que o fai tremendamente portábel cos portátis.

Máis información: USBGeek
Vía: Xataka


Espía o que escriben outros nun PC

keywatcher

Este é o trebello que sen dúbida usaria James Bond, trátase dun pequeno gadget que se coloca entre o cable do teclado e o ordenador de tal modo que queda gardado nel todo o que se escriba polo teclado.

O keywatcher pode gardar ata 65.000 caracteres que son unhas 40 ou 50 páxinas máis ou menos. Ten menos de 50mm de longo polo que non é doado dárse conta del a simple vista.

Ideal para espiar e averiguar o contrasinal do teu compañeiro de oficina, ou para descubrir quen é a persoa que está a utilizar o teu ordenador sen o teu permiso. Iso sí, sae un pouco caro, uns 165 euros.

Vía: Digital Drops.
Máis información: Spycatcher.


Guía pra mercar auriculares (II)

Finalizo xa con esta entrega a guía pra mercar auriculares de Trebellos. Nesta entrega vou falar dese tipo de auriculares, cicais o máis usado actualmente, que é máis pequeno e se mete un pouco hacia adentro; son os intraauriculares. Neste tipo de auriculares, máis que no resto, a xente adoita mercar uns calquera, posíbelmente polo prezo, sen ganas de gastar máis que un par de euros.

Existen xa modelos de Sennheiser a uns 10 euros de este tipo ou de botón mais, coma no outro caso de auriculares, se queremos calidade de son e uns auriculares que nos duren moito tempo sen perder prestacións, deberemos gastar algo máis de diñeiro. Recalco esto último, pois é certo o de que duran máis tempo e que, no fondo, van sair igual de caros ou baratos que os outros auriculares. Imos aló cos dous modelos que presento nos intraauriculares:

Segue lendo »