Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Back-up de enerxía eléctrica

USB Backup PowerEste si que é un trebello útil. É un respaldo de enerxía electríca, é dicir, unha segunda batería para calquera tipo de trebello, sexa portátil, mp3, telefono móbil, cámara de fotos dixital, etc.

O USB Power Backup garda dentro 2400mAh. Conectase a calquera outro trebello por USB ou por cable de corrente para que non fique sen batería. Tarda 3 horas en cargarse e ten unha batería Ion-Litio.

Por 20 dólares xa non sufriras máis durante unha viaxe que o teu mp3 se quede sen batería, ou que non poidas chamar por teléfono por non te-lo ben cargado.

Visto en: Übergizmo.
Máis información: USB Brando.


Os teus datos a salvo sen preocupacións

RebitNo mundo dos ordenadores é importantísimo ter copias de seguridade dos teus datos, sobre todo se traballas con ordenadores xa sexa programando ou escribindo cun editor de texto. Non é raro que por unha causa ou outra teñas que formatear o sistema operativo e con el tes que borrar todos os teus datos importantes.

Hai unha solución para isto: Facer copias de seguridade (back-ups) noutro entorno que non sexa o teu ordenador. Pero para iso hai que mercar moitos CDs (ou DVDs) para gravar os datos, ou hai que adicarlle un certo tempo cada X tempo para gravar. Polo que pode que haxa veces que te olvides de facer a copia de seguridade ou mesmo que non teñas tempo de facela.

Agora grazas a Rebit, facer copias de seguridade é moi doado. Simplemente tes que enchufar o trebello ao ordenador por USB e xa está. Incluso podes programar para que o back-up se faga cada X tempo sen que ti teñas que intervir para nada. Podes copiar todo o sistema operativo ou só os ficheiros e cartafoles que lle indiques.

O malo é que só funciona en Windows e só podes facer copia de seguridade dos ficheiros que teñas en C:. O de 60 Xb custa 169 €, o de 80 Xb custa 189 € e o de 120 Xb custa 219 €.

Vía: Gizmodo ES.
Máis información: Rebit.