Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Unha TV no baño

Qué tal tomar un baño relaxante mentres miramos a nosa serie ou o noso programa de televisión favorito? Agora se pode grazas á empresa Evergreen que lanzou ao mercado por uns 230 euros aproximados a EG-FTV71S, que non ven sendo outra cousa que unha televisión de 154×200×38 mm, con autonomía para 4 horas e que ademáis é resistente á auga… ou water resistent como poñen os reloxios.

TV

Visto en Gizmlogía.


¿Tes un trebello sen fíos? Lévao a Samil

Praia de SamilHoxe imos cunha desas novas que, ao menos a min sácanme un sorriso, que é difícil nun Luns. Ben, a Xunta de Galicia, Retegal e a Alcaldía de Vigo veñen de presentar un proxecto polo cal se vai abastecer de balde ás praias de Samil e O Vao en Vigo de Internet sen fíos de balde. Soa ben, ¿verdade?

Según comentan, é unha experiencia piloto con vistas a tentar sacar unha rede de praias con cobertura de Internet sen fíos de balde, algo que penso que podería ser xenial nun futuro, pois todos temos algún tipo de trebello (ben algún móbil, a PDA e algún ata o portátil na praia) que por exemplo nos permitiría ler o correo electrónico entre cada baño.

Ao tentar acceder a algunha web dende o navegador de internet, se preguntará polo usuario e contrasinal
, que serán respectivamente retegal e samil27, e a partir de aí xa quedaremos autorizados pra a web, algo que semella un tanto complicado, mais maxino que se informará dalgún xeito na praia.

Realmente, unha boa nova pra o avance das novas tecnoloxías e da Sociedade da Información en Galicia.
Vía: CódigoCero