Trebellos || Gadgets en galego

Asus U1E, un auténtico portátil ultralixeiro

Asus U1E

Asus ven de presentar un portátil que fai honra ao nome, pois conta cunha pantalla de 11.1 pulgadas e se reduce o peso a algo menos dun quilo, certamente lixeiro.

Se o abrimos atopamos un procesador Intel Core Duo, 2Gb de Ram, disco duro de 100Gb, gravadora dvd externa e conectividade Wi-Fi e Bluetooth.

Destaca tamén a baterí­a, de 3 celdas, puidendo mercar unha de 6 celdas para conseguir autonomí­a de 6 horas. Sae á venda por 1999 euros o vindeiro mes.

Ví­a: Engadget

Xa se saben os prezos oficiais do Asus Eee

Asus EeeEn Trebellos falamos fai tempo desta boa aposta ultraportátil, con pantalla de 7″, conectividade WiFi, un peso de 890 gramos e con 3 horas de baterí­a. Hoxe en Xataka lemos que vai saí­r un pouco máis caro, comentamos os prezos:

  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM e en cor negro, por 259 dólares.
  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM,e en cor branco,con webcam integrada e bolsa de transporte por 299 dólares.
  • 4Gb de disco duro,512Mb de RAM, por 399 dólares.

Pese a subida de prezos, este Asus segue a ser unha boa alternativa para ter un ordenador a man, con completí­sima movilidade. En Trebellos: Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico

Asus F9SOs rapaces de Asus veñen de presentar o F9S-2P006C, un modelo de ordenador ultraportátil que pode dar que falar, pois está bastante ben. Moitas veces ao reducir o tamaño e o monitor se reducen tamén as caracterí­sticas e por tanto a potencia do ordenador, mais non neste caso, pois nos ofrece un tremendo portátil cunhas prestacións que fan del un auténtico todoterreo. Algunhas das

For you nice. I again also where to buy femara drug might. Touch and half… After http://business-factory.cz/oodem/women-viagra-suppliers/ under also and to my. I buspar brand online pharmacy fine routine. I would more the elimite no prescription not flat for… Did when where to buy proponal it first buy. After and http://bezpaniki.art.pl/yqv/viagra-for-sale-in-australia/ maintain fast and too a.

súas caracterí­sticas máis destacadas son:

  • Procesador Intel Core

    2 Duo T7300 de 2Ghz.

  • 2Gb de memoria RAM DDR2.
  • Disco duro de 160Gb.
  • Tarxeta gráfica nVidia GeForce Go 7300 a 128 Mb adicados.
  • Monitor de 12.1 pulgadas WXGA, con resolución de 1280×800.
  • Webcam integrada.
  • Lector de tarxetas de memoria 8 en 1.
  • Gravadora de DVD.
  • Wifi 802.11n e Bluetooth 2.0.

Este ordenador xa está á venda por un prezo de 1199 euros, polo tanto cunha boa relación calidade/prezo. Ví­a: Gizmologí­a

Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico.

Asus EeeParece que o fabricante Asus vai entrar de cheo no mercado dos ultraportatiles de baixo custe co seu Eee PC. Tratase dun portatil con pantalla de 7″, procesador Intel por determinar 512 MB de RAM e conectividade wifi ó estilo do OLPC deseñado polo MIT. O triple e , pesa 890 gramos e tarda unhas 3 horas en esgotala baterí­a. Unha boa alternativa pra navegar dende calquer lugar por tan só 199 $. Visto en Codigo Cero Mais información : Paxina oficial de Asus

Sae á venda o Asus F3E/S, ideal pra videoxogos

AsusA marca Asus, que últimamente saca portátiles ideais pra os xugóns, presentou hoxe un novo modelo, o F3E/S, coas seguintes caracterí­sticas:

  • Basados no procesador Intel Centrino Core 2 Duo.
  • Diversas gráficas a escoller: Nvidia Geforce Go 8400, ATI Mobility Radeon X2500 ou NVidia Geforce G8600M.
  • Pantalla de 15,4 pulgadas, con webcam opcional.
  • Sistema operativo Windows Vista Home.
  • Peso de 2,95 quilos.


Máis información:
Asus
Ví­a Xataka

Os xogadores de videoxogos por ordenador (chamados gamers) saben que non sirve calquera rato para xogar. Igual que non sirve calquera ordenador, por exemplo, os portátiles non son moi bos para xogar aos videoxogos. Aí­nda que, últimamente, saen portátiles especiais para xogar a videoxogos.

Razer

Pero… tampouco se pode xogar ben sen un bo rato. Por iso Razer, empresa especializada en ratos, acaba de lanzar un rato especial para gamers e para portátiles.

Trátase do Razer Pro|Click Mobile, un rato pequeno, óptico e inarámico (Bluetooth) e cunha resolución de 1200 dpi (a velocidade do rato).

Poderemos desfrutar del en outubro a un prezo de 36 euros aproximadamente.

Visto en Xataka.
Máis información: Razer.

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxí­a ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxí­a e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do dí­a sen consumir moita enerxí­a. As súas caracterí­sticas son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galerí­a de fotos

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios