Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

USB Media Remote e o Play Seat Evolution

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns.

O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas películas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka.
Máis información: USB Geek | Akihabara News.


USB Fragance Oil Drive, chegan os USB aromáticos

usb aromaSe hai algo do que nunca ouvira falar no mundo dos USB é dos aromas. Agora grazas a este novo trebello podemos cheirar aromas agradables cando estemos diante do ordenador.

O USB Fragance Oil Dirive é un trebello USB que ao conectalo ao ordenador emite unha fragancia. Con só botar unhas pingas do aroma no trebello comezará a emitilo, con 4 ou 5 veces que se bote arome xa chega para todo o día. Ven con fragancia a rosas ou a herbaboa, aínda que supoñemos que servirá calquera fragancia que ti lle queras poñer.

Por 7 dólares, é dicir, 5 euros aproximadamente, este pode ser un bo trebello para as persoas que queiran cheirar ben cando traballan diante do ordenador. Eu penso que este trebello debería ser obrigatorio para todas os participantes das partys, polo menos para disimular

Visto en Gizmologia.
Máis información: USB Geek.


USB Massage Ball, o mellor que sabe facer un ordenador

Wacky USB Massage BallQue é o que máis desexamos os que temos que estar moito tempo diante dun ordenador? Unha masaxe!

Agora, grazas ao USB Massage Ball de USB Geek temos este tema solucionado, ou polo menos en parte, xa que a calidade das masaxes non será tan boa coma as dunha persoa, pero algo é algo. Agradécese.

Este trebello conéctase por USB ao ordenador e comeza a vibrar e grazas a súa forma permite facer masaxes nos pes, nas mans, nos xeonllos, no pescozo, nos codos, etc. Ten unha velocidade de vibración de 3.600 r.p.m., unha dimensión de 85×43 milímetros e un cable de case dous metros. Custa 14 dólares e se o queremos mercar cun adaptador para o coche teremos que pagar 22 dólares.

Pode dárnos a vida!

Visto en Gizmología.
Máis información: USBGeek.com.


Lector de pegadas dactilares USB a bo prezo

Finger PrintDun tempo a esta parte se veu falando da seguridade nos sistemas informáticos, nos que xa só o contrasinal non era sinónimo de protección ao cen por cen, e se buscaron outros sistemas, como pode ser a lectura da pegada dos nosos dedos.

Como soe pasar coa tecnoloxía, os prezos soen ir diminuindo a medida que as vendas aumentan, polo que, como neste caso, chegan a prezos asequíbeis pra o mercado, tendo este lector de pegadas dactilares vía USB por tan só 25 dólares.

O Hyundai USB Fingerprint permite autentificar ao usuario en Windows, a servizos web ou acceder a determinadas zoas. Mide 49×38,5×10 milímetros, o que o fai tremendamente portábel cos portátis.

Máis información: USBGeek
Vía: Xataka