Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saída Ethernet, saída DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí…

Páxina Oficial | Macbook Air


Time Capsule, copias de seguridade inarámicas

Time Capsule

Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes.

Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser de 500GB ou 1TB e a compatibilidade co servizo de copias de seguridade Time Machine, integrado na última versión do sistema operativo da comapañía, asegúrase ter sempre unha copia de tódolos arquivos gardados no disco duro do ordenador con tan só un clic.

A Time Capsule tamén pode funcionar como estación inarámica, dando servizo a tódolos trebellos inarámicos e mesmo aos ordenadores con Windows, grazas á tecnoloxía 802.11n. A incorporación dun porto USB tamén lle permite funcionar como central para unha impresora en rede.

Estará dispoñible en febreiro a 289€ a versión de 500GB e a 489€ a versión de 1TB.

Máis información: Time Capsule


O Mac Pro máis caro

Agardando a que chegue a MacWorld 2008 onde Apple nos amosará un novo trebello ou ordenador revolucionario podemos xogar coa Apple Store, do mesmo xeito que fixeron os microsiervos.

Imos calcular o ordenador máis caro que podemos mercar na Apple Store española:

Mac Pro

  • 2 Quad-Core (8 núcleos en total) Intel Xeon de 3,2 GHz cada un
  • 32 GB de memoria RAM
  • 2 pantallas planas de 30 polgadas Apple Cinema HD Display
  • NVIDIA Quadro FX 5600 1,5 GB GDDR3
  • 2 discos duros de 1 TB (2 TB en total) a 7.200 rpm Serial ATA 3 Gb/s
  • 2 discos duros 300 GB (600 GB en total) a 15.000 rpm SAS 3 Gb/s
  • 2 unidades CD/DVD SuperDrive 16x
  • Tarxeta Wi-Fi: AirPort Extreme Card
  • Apple USB Modem
  • Tarxeta Quad Channel 4 GB Fibre Channel PCI Express
  • Tarxeta Mac Pro RAID
  • 2 portos FireWire 400
  • 2 portos FireWire 800
  • 5 portos USB 2.0
  • Tecrado sen fíos Apple
  • Rato sen fíos Mighty Mouse
  • AppleCare Protection Plan para Mac Pro

Todo isto por 22.222 eurazos (IVE incluido). Só apto para os geek maqueiros que lles tocou a lotaría no sorteo de nadal.

Visto en Microsiervos.
Máis información: Apple Store España.


USB Media Remote e o Play Seat Evolution

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns.

O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas películas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka.
Máis información: USB Geek | Akihabara News.


Jetflash T3, o minipendrive de Trascend

jetflash t3
Transcend acaba de sacar ó mercado un dos pendrives máis pequenos do mercado cunhas dimensións de 0.3mm x 12.3mm x 2.4mm e 2 gramos de peso.

Ten un ratio de transferencia de 10 MB/s de lectura e 3MB/s de escritura.

Está feito extra resistente para que non se doble ou rompa como soe pasar coas minimemorias usb. Utiliza un chip especial (COB, chip on board) que se ensambla na carcasa de policarbonato irrompible así como os seus circuitos e fai que sexa irrompible.

Inclúe un pack de software coas seguintes características:

  • Función de bloqueo do ordenador: Fai que o pendrive sexa coma unha chave para restrinxir o acceso.
  • Función de encriptación ou seguridade: comprime e/ou protexe con contrasinal os archivos gardados usando a encriptacion AES.
  • Función de email: Pode usarse para enviar, recibir e gardar de modo seguros os correos eléctronicos.
  • Función de autologueo: Garda os teus contrasinais das webs e automáticamente loguearase en elas.
  • Non necesita drivers agás en windows 98.

    Polo momento está dispoñible en versións de 1gb e de 2gb con prezos de 10€ e 18€ respectivamente. Tamén se vende en packs de 5 unidades. A garantía é de por vida.

    Máis información: Trascend


    i-Buddy, o trebello para os adictos ao Messenger

    i-BuddyEn Galicia hai moitos adictos e adictas ao Windows Live Messenger, persoas que se pasan horas e horas chateando cos seus amigos. Para eles chega este curioso Trebello.

    O i-Buddy é un boneco que se conecta por USB ao ordenador e cambia de cor ou se move dependendo das mensaxes que recibas polo Messenger. Así, se nunha conversación do Windows Live Messenger, un contacto mándanos a emoticona dun corazón, o i-Buddy moverá as súas ás e a súa cabeza volveráse amarela.

    Só funciona en Microsoft Windows xa que este trebello é especial para o Windows Live Messenger e aínda non se sabe cal será o seu prezo.

    Visto en Gizmótika.
    Máis información: Páxina do produto.


    Gateway One, o PC que soña con ser iMac

    Os iMacs son coñecidos sobre todo polo seu deseño e no mundo dos PCs non hai nada que se lle asemelle. Nada? Pois ata agora non, pero vai sair á venda o PC Gateway One, que como vemos na imaxe non podemos evitar comparalo cos iMacs.

    Gateway One

    Vai sair á venda en 3 modelos diferentes, pero todos eles teñen Windows Vista, webcam integrada de 1′3 megapíxeles, tecrado, rato, sintonizador de TV, bluetooth, wi-fi, 3 portos USB, 1 porto firewire e lectores de tarxetas. Logo, cada modelo ten estás características:

      # Modelo de gama alta

    • Pantalla LCD panorámica de 19”.
    • Procesador Intel Core 2 duo a 2Ghz.
    • 3Gb de memoria RAM.
    • Disco duro de 500Gb.
    • Tarjeta gráfica ATI Mobile Radeon HD 2600.
      # Modelo retail

    • Pantalla LCD panorámica de 19”.
    • Procesador Intel Core 2 duo a 1,5Ghz.
    • 2Gb de memoria RAM.
    • Disco duro de 320Gb.
    • Tarjeta gráfica X3100.
      # Modelo online

    • Pantalla LCD panorámica de 19”.
    • Procesador Intel Core 2 duo a 1,5Ghz.
    • 2Gb de memoria RAM.
    • Disco duro de 400Gb.
    • Tarjeta gráfica X3100.

    Aínda non se sabe a data de saída ao mercado pero o que si se sabe son os prezos, así, o modelo retail terá un prezo de 1300 dólares, o modelo online de 1500 dólares e o modelo de gama alta un prezo de 1800 dólares.

    Visto en Gizmotika.
    Máis información: Páxina do produto.


    Tutorial liberar nokia bb5 (n70,n80…)

    Seguindo coa tradición de trebellos de facer tutoriais, hoxe imos explicar como liberar unha serie de terminais nokia de manera sinxela, segura e legal.

    Liberar consiste en
    pór un terminal, que está anclado a unha comañía de telefonía móvil, aberto para que poda ser utilizado por tódalas compañías.

    Os modelos en teoría soportados son os nokia 3110, 3250, 5200, 5300, 6085, 6110Navigator, 6136, 6270, 6300, 6630, 6680, 6681, 7370, E50, E60, E62, E65, E70, N70, N71, N72, N80, N90, N91, N93 e N93i. Polo momento só ha sido probado cos nokia 6630, 6680, n70 e n80 e funciona correctamente.

    Para comezar necesitamos un cable dku-5 coma este. Conectámolo a un usb libre do ordenador, instalamos os drivers que o acompañen e acto seguido cambiamos a direccion do porto com a crear co cable. Para iso imos a panel de control, administrador de tarefas, sistema, administrador de dispositivos, seleccionamos o cable dentro do apartado com, imos a propiedades, avanzadas e poñemos o com entre 1 e 9, rangos superiores no son admitidos.

    Acto seguidos baixamos o programa bb5 unlocker de dejan dende aquí e o descomprimimos. Antes de comezar abrimos o arquivo bb5_unlocker.cfg co bloc de notas de windows e cambiamos o número do com polo que temos posto no noso ordenador para o cable.

    Aquí comeza o proceso de liberación:

    1- Apagamos o terminal, deixandoo coa batería e a tarxeta sim.

    2- Prendemos o terminal (soamente encendelo, non introducir pin nin tocalo máis) e conectamos o cable dku-5.

    3- Executamos o arquivo install.bat, e nos sairá unha pantalla coma esta:

    liberacion bb5

    4- Prememos o botón “read phone” e acougamos a que nos saia que finalizou (”done”).

    5- Agora prememos o botón “make log” e tamén esperamos a que saia “done”.

    6- Minimizamos o programa e dentro da carpeta que descomprimimos executamos BB5_calc.exe, nos sae que finalizou e aceptamos.

    7- Retornamos o programa anterior (agora minimizado) e prememos SP Unlock e nun intre nos avisará de que o terminal xa está liberado.

    Anotación: O teléfono reiniciase unha ou dúas veces durante o proceso.


    RCA Jetstream, reprodutor MP3 inarámico para deportistas

    RCA Jetstream

    A idea de empregar un reprodutor MP3 como complemento ideal para a práctica dalgún deporte como o atletismo non é nada novo. Apple e Nike xa levan un tempo comercializando o pack Nike+, que serve para empregar o iPod coma un podómetro. Pero agora, ao pack deportivo Nike+ saiulle un moi duro rival: o RCA Jetstream.

    Este reprodutor MP3, con 1Gb de capacidade, conta xa coas funcións de podómetro, contador de calorías queimadas e calculadora de índice de masa corporal integradas. Especialmente pensado para deportistas, o Jetstream incorpora unha novidosa tecnoloxía, denominada Kleer, que permite escoitar as cancións que teñas almaceadas nuns auriculares inarámicos, incluidos de serie. Pode reproducir arquivos WMA, MP3 ou Audible, transferidos grazas á tecnoloxía USB de alta velocidade, e tamén se pode escoitar a Radio FM.

    Dispoñible a comezos de outubro a uns 150 dólares aproximadamente.

    Vía:
    Gizmos


    Nokia E51, conectividade na palma da man

    Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia.

    Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos.

    As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existía no E50 e que cada vez usa menos Nokia.

    Destacar como características, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 píxels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapíxeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e vídeo.

    A autonomía da batería é de 4,4 horas en conversa e 13 días en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón.

    Máis información: Nota de prensa de Nokia


    Posteriores entradas »