Trebellos || Gadgets en galego

Creative ZEN, a polos iPod

Creative ZEN

Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografí­as, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.

Ademáis de reproducir video e

fotografí­as, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non poderí­a faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.

Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.

Máis información: Creative

televisoresImoslle dar un repaso ás distintas opcións que temos pra mercar televisores de calquer tamaño.

A elección do tamaño decidirá o tipo de tecnoloxí­a que empregará o televisor. Para espazos pequenos coma un cuarto ou unha cociña, os televisores CRT de 14″ adoitan ser unha boa opcion polo seu prezo axustado dende 90€ , xa que os televisores LCD de 15″ están sobre 240€.

Se o que buscamos e unha pantalla mais grande para colocar no salón debemos ter en conta a distancia dende donde visionamos. Podense suxerir 37″ dende 2.5 m e 42″ dende 3 m como referencias, pero a raiña do mercado e sin dubida a pantalla de 32″. Tendo en conta que os televisores de plasma comenzan en 40″, se escollemos tamaños menores xa sabemos a tecnoloxí­a que empregará a nosa tele: LCD.

Continúa lendo »

Hummer HT1, o monstro dos móbiles

Hummer HT1

Os Hummers son os monstros dos coches, un todoterreno de verdade. Pois ben, parece que agora teñen unha edición en móbil.

O móbil Hummer HT1, en realidade, non é un monstro, de feito, é un móbil normal e corrente. Ten un formato slider (o seu tecrado desplázase cara abaixo), unha pantalla TFT de 2’2 polgadas, unha cámara de 2 megapí­xeles, unha memoria interna de 256 MB e ranura para unha tarxeta microSD.

Este móbil non é nada do outro mundo, a compañí­a ModeLabs (a fabricante) quere beneficiarse do nome para facer publicidade… e por 300 euros que custará este móbil parece que só será apto para os posuidores destes vehí­culos.

Máis información: MobileWhak | ModeLabs.

Motorola RIZR Z8 Media Monster

Motorola Z8

Motorola ven de apresentar novos teléfonos móbiles, entre eles o Motorola RIZR Z8 Media Monster,

que está pensando para a reprodución de pelí­culas. As pelí­culas son o único que aí­nda non triunfa nos móbiles por iso as compañí­as cada vez se esforzan en facer pantallas máis grandes e de maior calidade para achegar o 7º arte aos móbiles. Este novo móbil apresentado onte ten unha memoria de 80MB ampliable a 32Gb con tarxetas microSD, reproduce 30 frames por

segundo, permitirá ver a televisión por móbil (en xuño saberemos en que paises), e terá o último en conexións: HSDPA. As súas especificacións técnicas son:

  • Bandas: HSDPA / GSM 900 / GSM 1800 / GSM 1900
  • Dimensións: 109 x 50 x 15 mm – Peso: 112 g
  • Pantalla a cor TFT 16 Millóns de cores (240 x 320 pixeles)
  • Cámara de 2 MP (1600 x 1200 pixeles) con video (30fps) e flash
  • Cámara secundaria VGA para videochamadas
  • Reprodutor de música MP3, AAC e AAC+
  • Xogos java, tonos mp3, fondos de pantalla
  • GPRS, Wap, EDGE, 3G, Bluetooth, USB V2.0
  • Sistema operativo Symbian OS 9.2
  • Mensajes multimedia MMS, Email, SMS y EMS
  • Memoria interna de 80 MB ampliable con microSD TransFlash

Visto en Gizmologí­a. Máis información | Apresentación de Motorola.

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios