25 Jun
Escrito por Juan Milleiro en Linux
Sony Ericsson ven de lanzar o que, na miña opinión comeza a ser xa unha cámara de fotos con funcionalidades de teléfono. ¿Por que o digo? Porque este trebello ven cunha cámara con autoenfoque de 5 megapíxeles e flash de xenon, o suficiente pra non ter que levar unha cámara dixital enriba.
Ademais, como soe ser frecuente nos
teléfonos de esta marca, tamén trae as tecnoloxías BestPic (pra sacar múltiples disparos pulsando unha soa vez o botón) e PhotoFix (pra axustar sinxelamente os niveis de brillo dunha foto). Tamén temos a oportunidade de grabar vídeo con el, en resolución QVGA a 30 cuadros por segundo.
No referente a comunicacións, ten soporte cuatribanda GSM/EDGE/HSDPA, con reproducción de MP3, 40Mb de memoria interna e soporte pra tarxetas M2 e microSD.
O K850 será lanzado no último cuarto do 2007.
Máis información: Sony Ericsson