Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Cómo tirar unha foto cunha PSP a distancia

Canon EOS Mark IIIDe vez en cando un atopa cousas polos blogues que o deixan abraiado, e este caso é un deles: cómo sacar unha foto cunha Canon EOS1 DS Mark III a distancia cunha Playstation Portable. Sí, líchedes ben.

A Ds Mark III é unha cámara de fotos réflex, para profesionais, con 21 MPx, 45 puntos de enfoque…pero nelas destaca un sistema de control sen fíos da cámara. Serve, entre outras cousas, pra enviar as fotos a calqueira parte do mundo dende a cámara, só tendo unha rede WiFi.

Pero, ademais, o módulo tamén permite controlar tódalas funcións da cámara de modo remoto dende calqueira dispositivo sen fíos, ben sexa un portátil, ben unha PSP como neste caso, que resulta abraiante.

No blogue comentan que na mesma exposición, coa PSP se axustaban os parámetros e se tiraron varias fotos, pra logo subila a Flickr, sen tocar para a nada a cámara, todo dende a PSP. Como é de agardar, non podemos mover a cámara a distancia (polo dagora), mais é un exemplo ideal pra ter a cámara enfocada para capturar un intre que vai suceder e a distancia cun destes trebellos e cicais en mellor posición ir vendo o que sucede e poder manexar a cámara. Tremendo.

Máis información: Clipset


Rumores dun teléfono-consola de Sony Ericsson

Posíbel teléfono de Sony Ericsson

Nunha recente entrevista, Sony-Ericsson ven de afirmar que están na búsqueda dun “teléfono PlayStation”, o que disparou todo tipo de rumores estes días.

Os rumores apuntan en boa dirección, pois no vindeiro Febreiro, no Mobile World Congress a empresa pode presentar un teléfono orientado claramente ao xogo. Segundo a empresa, non ten por qué levar a marca PSP mais posíbelmente inclúa algún sensor como o que ten a Nintendo Wii.

Vía: TechDigest


PSP Slim & Lite, dende hoxe á venda

PSP Slim & Lite

Despois de que se anunciara xa hai uns meses, hoxe sae á venda en todo o continente europeo a PSP Slim & Lite, o redeseño da consola portátil de Sony.

O trebello estará dispoñible nas dúas cores que xa existían no anterior modelo e incorpórase unha nova, o gris brillante. Ademáis, Sony oferta para a zona SCEE dous packs de edición limitada: Spider-Man en negro e vermello e The Simpsons en amarelo. Estes dous últimos packs veñen cos xogos Spider-Man 3 e The Simpsons respectivamente.

Ademáis da reducción de grosor do 19% e dun 33% de peso, esta nova versión inclúe saída de video para poder disfrutar na televisión da reprodución de películas en UMD ou dos xogos, maior memoria interna para reducir o tempo de carga dos xogos e a posibilidade de recargar a consola conectándoa mediante USB á PS3 ou a un ordenador.

Á venda por 169,95€ en centros comerciais e tendas de videoxogos.

Máis información: Sony PlayStation


Philips Power2Go, batería onde precises

Power2Go

Philips segue hoxe presentando cousas e entre elas queremos destacar este útil trebello. O que aparentemente é un cargador por USB ten incorporada unha batería, polo que podemos seguir tendo alimentación aínda que estemos lonxe do enchufe.

Segundo a marca, cunha soa carga poderemos ter ata 60 horas de batería pra os nosos trebellos. O que vedes na imxe é o SCE7640, o maís alto desta categoría, que nos proporciona enerxía de ata 20V. Ademais é compatíbel con ordenadores portátis e ven como podedes ver cun indicador en LED pra o estado da batería.

Sairá en Europa a finais de ano, no intre ideal pra que as panxoliñas non deixen de soar e soar. Preparádevos.

Máis información: Nota de prensa


070829.com, a web do novo teléfono misterioso de Nokia

Nokia N81

Isto que vedes a vosa dereita é o pouco que se pode sacar en claro de 070829.com, unha web promocional que fixo Nokia pra un novo terminal que podería ser o da imaxe, un suposto Nokia N81.

Polo tanto, a casa finesa supoñemos que lanzará varios terminais nesa data, e polo que podemos ver o teléfono se pode manexar tanto en vertical como en horizontal, podendo así tratalo como unha consola tipo PSP.

Polo que se comenta nos mentideiros da rede, o N81 tería 8GB de memoria interna, algo de agradecer, e soportaría a plataforma de xogos Nokia N-Gage que Nokia leva querendo revitalizar de novo dende fai uns meses e que podería comezar con este trebello, que ten os botóns caseque ideais pra poder xogar no teléfono.

Máis información: Gizmología
Máis información: SlashRumor


A nova PSP Slim, por 169 euros

PSPSlim

Fai uns días se presentou unha nova versión da portátil de Sony, a Playstation Portable, mais é agora nestes días cando se desvelan os datos suficientes sobre esta actualización que pode dar que falar.

A nova PSP é un 33% máis lixeira e un 19% máis fina, e ademais conta con unha saída de vídeo pra poder xogar, por exemplo, nun televisor .

Os tempos pra cargar melloraron bastante e ten unha autonomía destacada, probábelmente pra loitar contra a súa principal rival, a Nintendo DS, que destaca pola súa batería.

A nova PSP estará á venda en negro, en plata, e nunha edición da Guerra das Galaxias, a partir de 169 euros. Non se sabe data de saída ao mercado, pero se comenta Setembro como data probábel.

Máis información: Vídeo da PSP Slim


Ruxe-ruxe: o iPhone unha videoconsola portátil?

Nintendo AppleCada día chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.

Seica (aínda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertiría ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricaría os xogos sería a compañía Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.

Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone convírtanse en realidade. Quén sabe?

Visto en Meristation.


Epoq EMP-CVWD-2, vídeo no teu reloxo

Videoreloxo

Saiu ao mercado o Epoq EMP-CVWD-2, que é nada máis e nada menos que un reloxo cunha pantalla de 1,8 pulgadas, o que constitúe unha nova xeración de reloxos.

Nel poderemos ver fotografías, vídeos en formato .MP4 (o mesmo que usan trebellos como a Sony PSP ou algúns móbiles) ou escoitar música MP3 ademais de, por suposto, saber a hora.

Como é de supor, o reloxo ten memoria interna, que polo dagora é de 2Gb, se ben a empresa indica que próximamente sacarán a versión de 4GB. A primeira versión xa está a venda por 150 euros.

Máis información: Wrist Dreams


PSP agora mais barata

pspPor fin Sony baixa os prezos da PSP en Europa, como xa fixera en EEUU. Si queres mercar unha PSP, e mellor que esperes ata o día 4 de Maio no que o seu prezo descende dos 200 actuais ata 170 euros. Esta rebaixa no hardware ven acompañada con rebaixas nos prezos dalguns xogos, para que te fagas co equipo completo ao menor coste posibel.

Sony pretende así relanzar as ventas desta consola, agora que se pode xogar coa PS3 que acaba de sair ó mercado. ¿Ou cecais Sony pretende obter mais clientes para a súa consola grande?

Via eurogamers