Trebellos || Gadgets en galego

Meizu M7, outro competidor ó Ipod touch

meizu m7

O outro dí­a xa falamos do meizu m8 e agora nos chegan novas de meizu sobre o modelo m7, como podemos observar na imaxe, outra réplica do ipod touch. A continuación as súas caracterí­sticas principais:

  • Pantalla táctil de 2,8″ e resolución de 480 x 288 pí­xeles.
  • Compatibilidade con ví­deo H.264 con unha resolución máxima de 720í—480 pí­xeles, a 30fps DivX, XviD e saí­da de televisión.
  • Dispoñible en capacidades de 2gbs, 4gbs e 8gbs con prezos comprendidos entre 71€ e 107€.
  • Polo momento non sabemos se terá conectividade wifi nin bluetooth, cousa que non podemos descartar.
  • Medidas de 48 x 89 x 7.3 mm
  • Estará dispoñible a finais de 2008. Visto en: Xataka

    Meizu M8 á venda en Xaneiro

    Meizu M8

    Todo apunta nos rumores a que o Meizu M8 MiniOne, cunha semellanza notábel ao iPhone, poderí­a sair ao mercado o 17 de Xaneiro. Ademais, menos do que se estaba a falar. En Trebellos: Rediseño do Meizu M8 Ví­a: Engadget

    Rediseño do Meizu M8

    Meizu M8Isto que vedes ao meu carón é o Meizu M8, o novo Meizu M8, rediseñado para tentar evitar unha posí­bel demanda de Apple pola gran similitude que este tareco ten co Iphone. Meizu é unha empresa de trebellos chineses especialista en “copiar” deseños de productos, mais neste caso tódolos rumores apuntan a un pequeno aviso de parte da empresa de Steve Jobs, polo que eiquí­ tedes o deseño actual. Pra quen non o coñeza, este trebello é un PMP/teléfono con pantalla de 3,3 pulgadas e resolución de 720×480 pí­xeles, compatí­bel con redes GSM, cámara de 3 megapí­xeles e outra pequena VGA pra videochamadas e saí­da TV. A nivel interno ten un procesador ARM11 e un Sistema Operativo Windows CE 6, tendo todo o anteriormente dito en 105 x 57 x 11,5 milí­metros, unha opción moi a ter en conta. Máis información: Redeseño

      
    descarga o widget de trebellos.org

    Últimos comentarios