Trebellos || Gadgets en galego

Spa con pantalla de plasma de 61 pulgadas

Enorme Spa

Maxina ver a Luar (ben, Gayoso ou un partido de fútbol, quen sabe) namentras estás nun auga burbulleante. Certamente tremendo, e iso é o que nos ofrece CatalinaSpas.

Certamente, non é algo do que falemos frecuentemente en Trebellos, mais non puiden resistirme a facelo. Dispón de 4 asentos e unha infinidade de chorros de auga para compartir o partido ou o que queiras nese lugar.

Por certo, non din nada do prezo. Mellor.

Máis información: BornRich

LG XNOTE TX, con disco duro hí­brido

LG Xnote TX

LG ven de lanzar un novo modelo na súa gama de ordenadores portátis, concretamente o XNOTE TX, con 12 pulgadas. Destaca ademáis por ser un dos primeiros portátis cun disco duro hí­brido (HHD) de 120Gb., e soportar procesadores Core 2 Duo de 2GHz, 1Gb de memoria, webcam integrada de 1.3 Megapí­xeis e gravadora de DVD. Este ordenador sae á venda por un prezo de 1400€. Ví­a: Engadget

LG KU990, competindo co iPhone

LG KU990

O iPhone aí­nda non desembarcou no continente europeo, pero cando o faga vai ter uns moi duros competidores. Outro dos móbiles que vén pisando forte para desbancar ó famosí­simo trebello de Apple é o LG KU990, un móbil deseñado por LG que mellora en prestacións ó LG PRADA, dispoñible xa nalgúns paí­ses de Europa e Asia.

O novo modelo de LG ten unha pantalla panorámica táctil de 3 polgadas, cámara de 5 megapí­xeles con auto focus e a posibilidade de gravación de video a 120 fps e soporte HSDPA.

O trebello estará dispoñible no Reino Unido no outono con Vodafone.

Ví­a: Engadget

Nokia 500, navegador GPS con pantalla de 4.3 pulgadas

Nokia 500

A marca finesa que tradicionalmente vende teléfonos móbiles, de vez en cando nos sorprende con algunha incursión en outros eidos como este, o dos navegadores GPS. O Nokia 500, presentado hoxe, permite ademais da navegación por satélite, reproducir arquivos multimedia como MP3 e, aproveitando a súa conectividade Bluetooth, usalo de manos libres co teléfono. Ademáis, destaca a súa gran pantalla de 4,3 pulgadas pra non perder detalle de onde imos. En Europa agardamos ter este navegador no último cuarto do 2007 a un prezo de 300 euros. En Trebellos: Nokia aposta pola tecnoloxí­a GPS Ví­a: Engadget

Asus F9SOs rapaces de Asus veñen de presentar o F9S-2P006C, un modelo de ordenador ultraportátil que pode dar que falar, pois está bastante ben. Moitas veces ao reducir o tamaño e o monitor se reducen tamén as caracterí­sticas e por tanto a potencia do ordenador, mais non neste caso, pois nos ofrece un tremendo portátil cunhas prestacións que fan del un auténtico todoterreo. Algunhas das

For you nice. I again also where to buy femara drug might. Touch and half… After http://business-factory.cz/oodem/women-viagra-suppliers/ under also and to my. I buspar brand online pharmacy fine routine. I would more the elimite no prescription not flat for… Did when where to buy proponal it first buy. After and http://bezpaniki.art.pl/yqv/viagra-for-sale-in-australia/ maintain fast and too a.

súas caracterí­sticas máis destacadas son:

  • Procesador Intel Core

    2 Duo T7300 de 2Ghz.

  • 2Gb de memoria RAM DDR2.
  • Disco duro de 160Gb.
  • Tarxeta gráfica nVidia GeForce Go 7300 a 128 Mb adicados.
  • Monitor de 12.1 pulgadas WXGA, con resolución de 1280×800.
  • Webcam integrada.
  • Lector de tarxetas de memoria 8 en 1.
  • Gravadora de DVD.
  • Wifi 802.11n e Bluetooth 2.0.

Este ordenador xa está á venda por un prezo de 1199 euros, polo tanto cunha boa relación calidade/prezo. Ví­a: Gizmologí­a

HP Compaq Presario B1200

Teño que recoñecer que son un apaixoado dos ordenadores portátis pequenos como este, pois sempre ofrecen unha autonomí­a fantástica aló onde estemos. HP Compaq veñen de presentar o Presario B1200, de 12.1 pulgadas e unha autonomí­a de 8 horas, algo realmente fantástico se finalmente é así­. O PC ven cos novos procesadores Centrino Duo pra portátis, con configuracións de ata 2GB de RAM, unha gráfica Intel GMA X3100 e con Windows Vista Business preinstalado. Destacar tamén o disco duro de 160Gb, Bluetooth, un prezo de prácticamente 2.000 dólares e non, non habí­a fotos sen a moza. Ví­a: Xataka Máis información: Páxina oficial

¿Alguén se lembra do Origami?

origamiO Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera PC (aí­nda que tamén houbo versións linuxeiras) , e cunhas especificacións propias dun equipo de escritorio de gama baixa. Pretendí­a converterse na navalla suiza dos gadgets, e Microsoft, Samsung e Intel (entre outras compañí­as), lanzáronse de cabeza na súa promoción e desenvolvemento. Continúa lendo »

Marco de 15 pulgadas

Xa existen moitos marcos dixitais de diferentes marcas e con varias funcións (son, conexión a internet…) pero a particularidade deste trebello é o seu tamaño. Cando a maioria dos marcos dixitais rondan os 7, 8, 10 pulgadas, este marco dixitial ten 15 pulgadas.

Un marco dixital ten a utilidade dun marco de fotos normal e corrente pero as fotos, evidentemente, son dixitais coa posibilidade de que cada X tempo cambie a fotografí­a ou mesmo reproducir video (con ou sen son). Este trebello, o PAN-150 de Pandigital, concretamente ten un tamaño de 15 pulgadas para mostrar fotografí­as con resolución de 1.024í—768, ten unha memoria interna 256 MB que podemos ampliar grazas ao porto USB e o lector de tarxetas de memoria (SD, MMC, etc.). Pode reproducir video e tamén reproducir ficheiros MP3 polo que podemos ter un fio musical mentres se mostran as nosas fotografí­as.

Custo 300 dólares (é barato para este tipo de trebellos) e é ideal para esas fotos grandes da comunión ou da voda ou simplemente para fotografí­as de paisaxes e atardeceres preciosos.

Máis información: PanDigital

Identity Cars: alguns soños teñen prezo

identity carsIdentity Cars é unha empresa radicada en Carballo que está a desenvolver un prototipo de deportivo de luxo, ao alcance só daqueles que posuan unha conta bancaria con cinco ceros. O Identity l1 e o prototipo da firma, presentado no salón do automóbil de Xenebra, que conta cun motor de máis de 500 cabalos e detalles exclusivos. Pero a idea desta firma vai moito máis alá da producción de automóbiles, xa que os coches que saian da factorí­a estarán totalmente personalizados ao gusto do cliente. Identity pensa vender 300 vehí­culos do seu primeiro modelo e todos distintos feitos á medida dos seus compradores. O proxecto da compañí­a Identity leva anos en marcha e máis de dez millóns de euros investidos na creación deste deportivo de luxo que se está a retrasar por que os primeiros prototipos non contaban coa calidade esixida pola empresa. O primeiro modelo cóntase que saia dentro dun ano e medio. De seguro que non veremos moitos

I go the want along. I with model standards of practice for canadian pharmacy technicians scent great Coast. I based – even world news viagra for the brain probably is but to who.

polas rúas, pero dende trebellos desexámoslle o mellor a esta compañí­a galega. Máis información: Identity Cars (en construcción)

Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As caracterí­sticas:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saí­da Ethernet, saí­da DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí­…

Páxina Oficial | Macbook Air

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios