Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Rumor: R co iPhone

iphoneA Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes.

O día dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple podería ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R para que probasen as súas capacidades dentro da rede da operadora galega.

Por razóns obvias non temos fotos que testifiquen o evento, mais que unha operadora como R consiga entablar conversas con Apple, ao menos para min é un orgullo e unha demostración do ben que están a facer as cousas dende a dirección da cableira galega.

¿Haberá iPhone con R? Como é de agardar, hai moitas operadoras interesadas, mais o feito de que o iPhone se distribúa cun operador en exclusividade e ao non ter R cobertura propia no territorio español maxino que bota para atrás esta posibilidade… mais quen sabe.


  1. Sak o 31 de Decembro de 2007

    Ata onde eu sei, R si ten (máis ben está niso) rede propia, non por suposto en todo o estado, pero si no país.

  2. breogain o 1 de Xaneiro de 2008

    Eu estou agardando a face-los 18 meses con Orange para cambiar os meus dous móbiles para a operadora galega….

  3. sanas o 2 de Xaneiro de 2008

    Ridiculo me parece el rumor.

    Parece estar bastante claro que la exclusividad del iphone se la llevara movistar

  4. Nemigo o 2 de Xaneiro de 2008

    non hai moita información sobre a rede de r en telefonía móbil
    Home, penso que será antes poñer os bois e despois o carro. Q R estea a tantear os cartos que custa o iphone pode dar unha idea do que sempre foi R (unha empresa pija)

  5. Sara o 11 de Abril de 2008

    Non sei se o iphone, pero o que si vai a ter R nos próximos días son terminais con posibilidade do seu menú en galego, como é o caso do novo Sony Ericsson w380i

    No tocante á rede a conmutación, os servizos, etc son de R, mentras que as antenas son as de Vodafone, con cobertura en Galicia e o resto dos territorios de España e outros 168 países a través de máis de 400 operadores…

Publicidade

Comentarios