Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Voltamos cos Trebellos

Somos conscentes do tempo que leva Trebellos sen actualizarse, e ese tempo non foi en balde, pensamos que merecedes unha explicación e aí tentaremos ofrecela.

O actual equipo redactor de Trebellos non somos capaces de afrontar o ritmo de publicación diario ou case diario que tiña o blogue ata o momento. Cuestións persoais afastábannos da tarefa principal no blogue, e porén a partir dagora Trebellos terá por un tempo resumos semanais cos novos trebellos que vaian saíndo ao mercado. Decidimos esta situación antes que pechar o blogue pola mágoa que nos daría executar esa acción.

Porén, seguimos a recalcar a necesidade de máis blogueiros para Trebellos, estamos abertos a calqueira participación se é con ganas de formar parte deste proxecto.
Atentamente,

O Equipo Redactor de Trebellos.org


  1. Marcus o 22 de Novembro de 2007

    ¡Benvidos de novo! Xa sabedes que se achega o Nadal, e toca propor agasallos tecnolóxicos ós galegos ;)

  2. TrAsNo o 29 de Novembro de 2007

    ánimo rapaces! é un gustazo navegar polo voso blog en busca de novos trebellos cos que argallar… non marchedes nunca!

  3. migho o 6 de Decembro de 2007

    Benvidos de novo! xa se vos botaba de menos!

    son amigo de anllo e xa lle comentei algunha vez que me gustaría formar parte do voso equipo.

    se é posible, podedes contar conmigo.

    saúdos!

Publicidade

Comentarios