15 Oct
Escrito por Juan Milleiro na categoría Amosa os teus trebellos
Este Micro Computer Game (tal que dí nunha esquina) merqueino nunha tenda de segunda mán en Angel, no norte de Londres por £15, e lembro que habia outro igual, no que habia que controlar un home cavernario que lle tinha que roubar ovos a un dinosaurio, mais ese dia non tinha máis cartos no peto, ou sexa que non o levei. Eu penso que é de mediados dos 80, seica porque foi cando mirei por primeira vez estes comecocos con leds luminosos, cunha transición máis rápida que resultaba máis animada. O control da esquerda sube ou baixa a tua nave, que permanece sempre na banda da esquerda. O botón da dereita é o disparo e tamén sirve para iniciar o xogo, hai dous interruptores no centro: o de Ama (amateur) ou Pro (professional) é un control de dificultade que o único que fai e aumentar a velocidade cando se selecciona Pro; o outro interruptor é o On/Off do trebello. A pantalla móvese en scroll de dereita a esquerda para dar a sensación de que a nave avanza. Dalgun xeito os display led do resto da pantalla apáñanse para mostrar distintos elementos cada ún, chegando a amosar 3 figuras distintas (misil, tanque de combustible, os pequenos ufos) aparte do punto branco que é o disparo, e tamén un cuadrado como obstáculo contra o que podes chocar. Cada ún dos display led pode amosar todo o anterior. En total unha pantalla de 7 displays de ancho por 4 de alto (8 de ancho si contamos a columna reservada para a nave do xogador). Hai 4 fases distintas, sendo a última a típica do gran bicho-monstruo, e unha vez superada enlaza coa primeira aumentando a velocidade. O sonido beep mono non se pode aturar, está altísimo e non penso que se poda baixar, especialmente o soniquete do inicio de xogo, de cando nos vendian esto como exemplo de futuro. Funciona con 4 baterias tipo C (R14) de 1.5 V, e duran ben. Estouno a mirar agora e non atopo etiqueta, agás os nomes de Tomy (o fabricante de xoguetes) moldeado no frente, e o copyright de Konami. Debaixo tén a inscripción moldeada “Made in Singapore”. Este maquinillo tén a actitude de moi para rapaces, non para rapazas, típica.
Fotos: 1, 2. Amosa os teus trebellos!
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario